Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 22/2/2017
SINISTRALIDADE
Incremento dos accidentes laborais no ano 2016
Segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, durante o pasado ano rexistrouse un incremento do 5% no número de accidentes de traballo con baixa: así durante o 2016 producíronse 555.722 sinistros, dos cales 480.051 tiveron lugar durante a xornada laboral e 75.671 foron in itínere.

Sinistralidade AUMENTO

Todos os sectores de actividade rexistraron un maior número de sinistros que no ano anterior, destacando Servizos con 295.026 accidentes, seguido do da Industria con 100.451 accidentes.

A mortalidade descendeu no ano 2016 un 3,5%, rexistrándose 607 accidentes de traballo con resultado de morte dos que 476 tiveron lugar durante a xornada de traballo e 131 durante algún desprazamento in itinere.

En relación ao  índice de incidencia, o máis alto sitúase nas Industrias extractivas con 10.047´6 accidentes por cen mil traballadores, seguido da Construción con 6.994´3, Suministro de auga, saneamento e xestión de residuos con 6.563´3, Transporte e almacenamento con 5.264´3, Industria manufactureira con 5.146´5 e Agricultura, gandería, silvicultura e pesca con 5.066´7, todas por enriba da incidencia media, situada en 3.302´0 accidentes por cen mil traballadores.

Ligazón á Estatística de accidentes de traballo, Ministerio de Emprego e Seguridade Social

1