Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
9/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A Inspección de Traballo emite unha instrucción na que renuncia a pedir o rexistro diario de xornada.

ITSS
Así logo de dúas sentenzas do Tribunal Supremo, a Inspección de Traballo rectifica unha instrucción anterior de marzo de 2016, na que se pedía aos inspectores e subinspectores de Traballo que esixisen ás empresas o rexistro diario de xornada como método obrigatorio para poder comprobar a realización de horas extras. De non existir este rexistro, a Inspección podía consideralo infracción grave en materia de xornada, o que reporta sancións de ata 6.260 euros.

A decisión da ITSS de solicitar o rexistro diario da xornada estivo motivada por tres sentencias da Audiencia Nacional: do 4 de decembro de 2015 (caso Bankia); do 19 de febreiro de 2016 (caso Abanca) e do 5 de maio de 2016 (caso Sabadell),  nas que se indicaba a obriga de rexistro da xornada, aínda que non se realizasen horas extraordinarias na compañía.  E así o viñeron facendo, coa consecuente polémica xerada nas empresas, que entendían que o Estatuto dos Traballadores amparáballes, ao non especificar esta esixencia no seu artigo 35.5.De feito, a maioría das compañías afectadas polos requirimentos e, no seu caso, por sancións ao non rexistrar a diario a xornada do seu persoal, recorreron estas decisións aos tribunais, entendendo que o Estatuto dos Traballadores nos especifica esta esixencia no seu artigo 35.5.

Agora o Tribunal Supremo contradí á Audiencia Nacional. Primeiro na súa resposta ao recurso polo caso Bankia, o pasado 23 de marzo; e, máis recentemente polo caso Abanca, o pasado 20 de abril, casos para os que emitiu sentenzas nas que exime ás empresas da obrigatoriedade de rexistrar a diario a xornada dos traballadores/as.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais