Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
9/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Límites de exposición profesional para axentes químicos 2017

INSHT
Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo para o ano 2017. A constitución polo INSHT en 1995 dun grupo de traballo sobre Valores Límite de Exposición Profesional permitiu a publicación dun primeiro documento en 1999, seguido por actualizacións anuais para facer fronte á obriga que a Directiva 98/24/CE impoñía aos Estados membros de establecer límites de exposición profesional.

A transposición desta Directiva ao ordenamento xurídico español mediante o Real Decreto 374/2001, que derroga os límites de exposición do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP) e considera os publicados polo INSHT como os valores de referencia apropiados para os axentes químicos que carezan de valores límite regulamentarios, constitúe, de feito, un mandato ao Instituto para continuar con este labor, actualizando periodicamente os seus límites para mantelos adaptados ao progreso científico e técnico.

Pola súa parte, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo aprobou, en xullo de 1997, a creación dun grupo de traballo para, entre outras cuestións, "estudar os documentos que sobre valores límite e a súa aplicación nos lugares de traballo elabore o INSHT". Como resultado das súas propostas, a Comisión, na reunión plenaria celebrada o 16 de decembro de 1998, acordou unanimemente recomendar:

  • 1. Que se apliquen nos lugares de traballo os límites de exposición indicados no documento do INSHT, titulado " Límites de exposición profesional para axentes químicos en España" e que a súa aplicación se realice cos criterios establecidos no devandito documento.
  • 2. Que o INSHT publique e dea a maior divulgación posible ao citado documento indicando, no seu preámbulo, a información favorable desta Comisión respecto á aplicación desta nos lugares de traballo.
  • 3. Que o INSHT revise anualmente o devandito documento, comunique á Comisión as ampliacións ou modificacións que considere necesario efectuar e, en caso de información favorable desta, as integre na publicación a que se fai referencia no apartado anterior.

En consecuencia, mediante a publicación deste documento, que foi aprobado pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo cumpre coas súas funcións en materia de estudo e divulgación, á vez que atende, as recomendacións da Comisión.

Este ano preséntase a decimosetima edición, á que podes acceder dende a seguinte ligazón: 

 Límites de exposición profesional para axentes químicos 2017

 

As actualizacións e modificacións da publicación recóllense nas súas primeiras páxinas dentro das apartado Novidades, sendo posteriormente desenvolvidas ao longo do Documento nas táboas ou apartados correspondentes. A partir desta edición, os canceríxenos e mutáxenos con valor límite asignado inclúense na táboa 1 xunto co resto dos axentes. Na columna "notas" figuran as notas CIA, C1B, M1A ou M1B segundo proceda.Tamén se actualizou a Aplicación "LEP" coas modificacións que se mencionan.Inclúese a listaxe de axentes químicos que se atopan na actualidade en estudo para o cambio ou incorporación do Valor límite Ambiental.Toda esta información pode ser ampliada na sección, da Web do INSHT, Límites de exposición profesional para axentes químicos onde se agrupa toda a información relativa aos límites de exposición profesional tanto ambientais como biolóxicos, para axentes químicos, co obxecto de facilitar o cumprimento do Real Decreto 374/2001 establece a obrigación do empresario de avaliar, entre outros, os riscos derivados da exposición por inhalación a un axente químico perigoso e restante lexislación aplicable.

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais