Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
9/12/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

As concentracións de dióxido de carbono na atmósfera superan as 400 partes por millón

Medio ambiente
No mes de maio de 2013, no observatorio que a axencia estadounidense NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration). detectouse por vez primeira unha concentración de 400 partes por millón (ppm) de dióxido de carbono no aire. Nos inicios da Revolución Industrial a concentración era de 278 partes por millón; ésta cantidade representaba un balance natural entre a atmosfera, os océanos e a bioesfera. O rexistro de 2013 ao que facíamos referencia foi puntual, localizado e temporal, resistrándose unha baixada nos meses seguintes. No 2015, segundo datos facilitados pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a concentración de 400 ppm. foi xeneralizada, global e sen incidencia dos cambios estacionais. En novembro de 2016 superáronse as 400 ppm.

O dióxido de carbono é o principal responsable do quecemento global. Segundo o secretario xeral da OMM, o pasado ano 2015 fará historia polo acordo de París sobre o cambio climático e por marcar unha nova era no quecemento global co record de concentración de gases de efecto invernadoiro acadado; "será difícil cumplir os obxectivos do acordo de París sobre a limitación do incremento da temperatura (menor de 2 graos a finais de século) cunha concentración de CO2 tan elevada" . "O verdadeiro problema é o dióxido de carbono, que permanece na atmosfera durante milenios e aínda máis nos océanos. Se non atallamos as emisións de CO2, non podemos loitar contra o cambio climático nin manter o ascenso da temperatura por baixo dos dous graos respecto da era preindustrial".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais