Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
8/9/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Condución e quenda de noite, unha combinación “mortal” para o persoal sanitario

SEGURIDADE
Dous de cada cinco médicos de Reino Unido, o 41%, confesaron durmirse ao volante mentres conducían a casa tras a quenda de noite. E máis do 25% dos consultados sabían dun médico que morrera nun accidente de tráfico tras unha quenda de garda pola noite.

Volver a casa tras unha longa quenda de noite é moito máis perigoso para os médicos do que se pensa. Mesturar cansazo, tras unha intensa xornada laboral, e a concentración que require a condución na estrada non é boa combinación. É máis, é contraproducente, tal e como evidencian os últimos resultados dunha enquisa internacional.

Segundo o informe de Doctors.net, onde se contrastou a opinión de 1.135 facultativos, dous de cada cinco médicos de Reino Unido, o 41%, confesaban durmirse ao volante mentres conducían a casa tras a quenda de noite. E máis do 25% dos consultados sabían dun médico que morrera nun accidente de tráfico tras unha quenda de garda pola noite.

Unha tendencia que se agrava entre os facultativos máis novos, xa que son estes os que cambian de hospital cada tres ou catro meses, tendo, na gran maioría de casos, unha longa viaxe a casa. En Reino Unido a distancia media é de 40 quilómetros en cada traxecto.

Pero este problema non se limita só aos médicos senón que se estende ao resto de profesións sanitarias, aínda que delas, de momento, non hai datos contrastados. A natureza destes postos de traballo, onde a presión asistencial e a tensión laboral están á orde do día, minguan a concentración e a agudeza destes traballadores unha vez saen do hospital.

No Estado español, esta situación non é mellor que a que vive o Reino Unido, coa crise económica, a sinistralidade na estrada do colectivo sanitario aumentou. Nos últimos anos, estes traballadores sufriron recortes de persoal e taxas de reposición limitadas, o que provocou unha maior presión asistencial e, no caso dos que tiñan que desprazarse, un aumento das distraccións ao volante, ao dobrar quendas sen apenas descansar.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais