Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
8/7/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Equidade de xénero: estudo das desigualdades

Igualdade
O estudo "Tempos de equidade de xénero: descripción das desigualdades entre comunidades autónomas, España 2006-2014" elaborado por científicos da Universidade de Alacant e publicado en Gaceta Sanitaria, conclúe que o "contexto de equidade de xénero acandado nas CC.AA. españolas no ano 2006 perdeuse durante a crise económica, ao aumentar a desigualdade na equidade de xénero en 2014". A inequidad de xénero segue sendo desfavorable ás mulleres. No caso concreto de Galiza, os datos amosan que a desigualdade de xénero medrou entre os anos 2006 e 2014.

No 2006, un ano antes da entrada en vigor da Lei de Igualdade de Xénero, o Estado español atopábase  “nun momento de equidade de xénero emerxente dentro do contexto mundial,  ocupando unha das mellores posicións do índice de equidade de xénero (IEG)”, segundo se indica no estudo.

O índice de desigualdade de xénero, amosou un patrón no ano 2005, desfavorable ás comunidades do sur do Estado; a Lei de Igualdade de Xénero, ano 2007, esixirá uns mínimos a todas os CC.AA., e permitirá a existencia de políticas autonómicas que melloren a propia Lei, pero que pola súa distinta aplicación segundo as CC.AA. tamén poderá incrementar as desigualdades de xénero entre comunidades.

Pero o comezo da crise, en 2008, freou en seco este progreso. No traballo explícase que “ao abeiro da crise realizáronse recortes orzamentarios para as políticas de xénero, retrocesos nos marcos normativos e reformas, como a eliminación dos organismos de igualdade estatal e das CC.AA”. Ditas medidas, segundo se destaca no estudo, tomáronse “con maior frecuencia nas comunidades gobernadas por partidos políticos conservadores”.

Para a obtención de resultados o estudo analiza o IEGM (índice de equidade de xénero modificado), que permite identificar as situacións en que existe inequidad desfavorable ás mulleres e aos homes, dende tres perspectivas: a educación (taxa de alfabetización e matriculación en estudos primarios, secundarios e postobligatorios), a actividade económica (ingresos medios e taxa de actividade), e a presenza en cargos directivos públicos e privados.

"O principal achado é que en 2006 existían desigualdades entre CC.AA. nos valores do IEGM, que aumentan en 2011 e máis en 2014, sendo sempre e en todas os CC.AA. desfavorable ás mulleres. Polo tanto, a Lei de Igualdade non tivo o impacto esperado. Esta situación en 2014 relaciónase coa gran brecha de xénero en empoderamiento (cargos de responsabilidade e directivos) e a persistencia da brecha de xénero na actividade económica. A pesar de que a brecha de xénero en educación é desfavorable aos homes, hai un maior descenso da matriculación universitaria nas mulleres".

Máis información

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais