Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
7/7/2016
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Non te metas nun berenxenal

INSHT
O INSHT publica este cartel coa intención de sensibilizar a traballadores/as sobre os riscos aos que se expoñen durante a reentrada e informar a empresarios/as das obrigacións a este respecto que se inclúen na lexislación sobre o uso sustentable de produtos fitosanitarios e outras consideracións que debe ter en conta para garantir a saúde dos seus traballadores/as. A exposición aos residuos de produtos fitosanitarios destes traballadores pode chegar a ser de magnitude similar ou mesmo superior á exposición durante as tarefas de mestura, carga e aplicación dos mesmos. Ademais hai que ter en conta que a percepción do risco que teñen os traballadores expostos a residuos do produto, ás veces non visibles, é menor que a dos responsables do tratamento fitosanitario.

Tras a aplicación de produtos fitosanitarios nun cultivo determinado, realízanse unha serie de tarefas como recolección, poda ou eliminación de malas herbas, que requiren a entrada de traballadores nos cultivos tratados (reentrada).

A exposición aos residuos de produtos fitosanitarios destes traballadores pode chegar a ser de magnitude similar ou mesmo superior á exposición durante as tarefas de mestura, carga e aplicación dos mesmos. O Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se estabelece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios estabelece unha serie de obrigas relativas á prevención dos riscos derivados da exposición dos traballadores a estes produtos durante a reentrada.

Ligazón

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais