Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
6/7/2015
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Proxectos LIFE de I+D+i ambiental

MEDIO AMBIENTE
O Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima (LIFE) é o instrumento da Unión Europea dedicado ao medio para o período 2014-2020. O seu obxectivo xeral baséase en catalizar os cambios no desenvolvemento e a aplicación das políticas mediante a achega de solucións e mellores prácticas para lograr os obxectivos ambientais e climáticos, así como mediante a promoción de tecnoloxías innovadoras en materia de medio ambiente e cambio climático.

A continuación expoñemos algúns casos de éxito en I+D+i ambiental nos Proxectos Life+ da UE:

1.- EQUINOX: O obxectivo do Proxecto é demostrar a eficacia dun sistema de tratamento de aplicación en pavimentos asfálticos para a eliminación de óxidos de nitróxeno (NOx) en ambientes urbanos. Neste proxecto búscase demostrar un sistema para capturar óxidos de nitróxeno do aire nas estradas e transformalos nunha substancia inocua que poida ser lavada pola chuvia ou polos baldeos das rúas.Vaise probar en 80.000 m2 no barrio de Chamberí en Madrid.

2.- DIOXDETECTOR: Desenvolve unha nova técnica para cuantificar dioxinas en aire, chan, auga e biota. A nova técnica axudará a avaliar a dispersión e deposición destes contaminantes no medio, e así poder reducir este problema ambiental.

3.- VALPORC: Nas explotacións porcinas xéranse residuos procedentes de cadáveres que non se poden destinar nin ao consumo humano nin ao consumo animal. O proxecto VALPORC trata de converter estes residuos inútiles en biocombustibles e fertilizantes orgánicos.

4.- EUCALYPTUS ENERGY: Neste proxecto aprovéitanse enerxeticamente os residuos de eucalipto que agora se deixan no monte. En breve empezará a 2ª metade do proxecto no que se vai construír unha planta de tratamento en Asturias para producir enerxía eléctrica e biochar.

5.- BIOSEVILLE: Con este proxecto trátase xerar un novo biocombustibles procedente de aceites de fritura, que ofreza maior calidade que os actuais. O proxecto, que dura tres anos, terá unha fase demostrativa nos autobuses públicos de Sevilla.

6.- MIX FERTILIZER: O obxectivo da iniciativa é demostrar un innovador sistema para o tratamento de residuos procedentes da dixestión anaerobia de zurro porcino (digestato) e a súa posterior valorización agronómica. O que se espera conseguir co proxecto é un novo fertilizante comercial e innovador de mase mixta (orgánica e inorgánica) e de liberación lenta.

7.- REVAWASTE: A finalidade deste proxecto é desenvolver unha planta de xestión integrada para o tratamento de tres tipos de residuos: residuos industriais, materiais non reciclables de plantas de tratamento de residuos e residuos agroalimentarios. Vaise conseguir valorizar o 100% dos residuos que entren nela.

8.- COLRECEPS: O seu obxectivo é poñer en marcha unha planta de demostración para o reciclado de residuos de poliestireno expandido (cortiza branca), para obter perlas deste material, que, unha vez reciclado, se utilizará para fabricar prototipos de envases de gran calidade para a industria alimentaria.

9.- HUELLAS: O obxectivo do proxecto é desenvolver ferramentas e metodoloxías para optimizar a toma de decisións en proxectos de construción ferroviaria co obxecto de reducir a pegada de carbono e a pegada hídrica. Tratarase de demostrar que se pode reducir a pegada de carbono dos proxectos de infraestruturas ferroviarias nun 10% e a súa pegada hídrica nun 5%.

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais