Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
6/10/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Líquido que almacena enerxía solar

I+D+i
Un equipo de investigadores da Universidade Tecnolóxica de Chalmers, en Gotemburgo (Suecia) demostrou que é posible almacenar directamente a enerxía solar nun fluído químico, denominado sistema solar térmico molecular. Esta técnica de almacenamento de enerxía solar funciona grazas a ligazóns químicas que permiten tanto o almacenamento como a liberación de enerxía.

 

O director do equipo de investigación explicou que o almacenamento químico de enerxía combinado con paneis solares térmicos permite unha conversión de máis do 80 por cento da luz solar entrante.O proceso iníciase cando a molécula do fluído é golpeada polos fotóns de luz que proveñen da radiación solar, esta cambia de forma e almacena a enerxía. Este sistema de almacenamento é capaz de soportar 140 ciclos de almacenamento a modo dunha batería convencional. Tamén é capaz de liberar a enerxía cunha degradación insignificante.O proxecto de investigación do líquido comezou hai 6 anos e foi publicado na revista científica Energy & Environmental, grazas á Universidade de Chalmers. Ao principio da investigación, a eficiencia de conversión de enerxía solar era do 0,01% e se empregaba no proceso rutenio, un elemento caro. No desenvolvemento do proxecto, ademáis da substitución do rutenio por elementos máis económicos a base de carbono, logrouse acceder a un sistema que consegue almacenar o 1,1% da luz solar que incide como enerxía química, enerxía que permanece latente ata que se produce a demanda e se libera.  
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais