Coronavirus | Lexislación | Delegados | Actuación preventiva | Riscos específicos | Boletín CIG - Saúde Laboral | Asesoramento técnico |
---|
Boletín CIG-Saúde Laboral N 4914-02-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGDenomínase seguridade industrial ao conxunto de normas obrigatorias estabelecidas para evitar ou minimizar, tanto os riscos que poidan producirse nos ámbitos industriais, como os prexuízos derivados da actividade industrial e mesmo as enfermidades ocupacionais. Este sistema de disposicións obrigatorias, materia competencial da Xunta de Galicia que os Gobernos do PP teñen esquecido sistematicamente, ten por obxecto a prevención e limitación dos riscos, así como a protección contra accidentes capaces de producir danos ás persoas, aos bens ou ao medio ambiente derivados da actividade industrial ou da utilización, funcionamento e mantemento das instalacións ou equipos e da produción, uso ou consumo, almacenamento ou desinstalación e eliminación dos produtos industriais. Nos lugares de traballo, é a persoa titular da actividade empresarial, en cumprimento do seu deber de protexer a seguridade e saúde do seu persoal, quen deberá garantir un adecuado control dos riscos asociados ás instalacións industriais. Poñemos nas vosas mans este monográfico, coa intención de proporcionarvos información básica e suficiente para dimensionar a importancia da seguridade industrial e tomar conciencia da necesidade de incorporar a mesma dun xeito integral nos Plans de prevención das nosas empresas. |
---|
Optimización de Cultivos: Cara a unha agricultura máis eficiente e sostible15-03-2024 - I + D + iMediante o uso de algoritmos avanzados e análises de datos, os agricultores/as poden tomar decisións informadas sobre a selección de sementes, o manexo de nutrientes, o control de pragas e enfermidades, e o momento óptimo para a sementa e a colleita. A IA tamén pode axudar a monitorear o crecemento das plantas en tempo real, identificando problemas potenciais antes de que se convertan en ameazas graves para os cultivos. |
---|
Protexéndonos de po de madeira14-03-2024 - OTP Prevención de riscos laboraisO po de madeiras duras está presente en practicamente todas as carpinterías e en empresas de montaxe de mobles, onde debido ao lixado ou ao corte, prodúcese un po en suspensión que a través das vías respiratorias entra no noso organismo causando riscos para a saúde das persoas traballadoras como cancro na cavidade nasal e seos paranasais, e/ou accidentes laborais como explosións ou incendios. |
---|
Datos do 4º trimestre de 2023 de Sinistralidade e Enfermidades profesionais en Galiza13-03-2024 - ISSGADatos de Enfermidades Profesionais e Sinistralidade do 4º trimestre de 2023, referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade |
---|
Guía de acción sindical ante a incapacidade temporal e outras prestacións12-03-2024 - CIG-Confederación Intersindical GalegaEsta Guía da CIG vaise centrar na xestión da incapacidade temporal e outras prestacións e nos problemas e atrancos que ten que soportar a clase traballadora, derivados, non do mal funcionamento das mutuas, senón do papel real que xogan. As mutuas cumpren unha función moi clara, non só porque representan a privatización da saúde, senón porque se encargan de restrinxir o acceso á IT, ás veces, incluso, de xeito delituoso. |
---|
Nova colección técnica do INSST: Fichas de toma de mostra e análise de axentes químicos (FTA)11-03-2024 - INSSTA presente colección inclúe fichas, específicas para cada axente ou familia de axentes químicos, que proporcionan aos técnicos/as de prevención unha información simple e detallada para medir a exposición dos traballadores/as e poder comparar cos valores límite de exposición profesional (VLA). |
---|
8 de Marzo, DÍA DAS MULLERES TRABALLADORAS08-03-2024 - CIG-Confederación Intersindical Galega-STOP PRECARIEDADE. TRABALLO DIGNO E IGUALDADE é o lema da campaña do 8 de Marzo deste ano. Expresamos con este lema a denuncia da precariedade en que a maioría das mulleres desenvolven o seu traballo, que empeorou tras a reforma laboral de 2021. Así, constatamos dous anos despois desta reforma o aumentaron das fendas de xénero canto a salarios, contratación a tempo parcial e temporalidade. Ao mesmo tempo, seguimos padecendo uns servizos públicos moi insuficientes para facermos fronte ao coidado das persoas dependente, o que causa un prexuízo no desenvolvemento laboral e persoal das mulleres fundamentalmente. |
---|
O impacto do traballo en plataformas dixitais no sector sanitario e asistencial07-03-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no TraballoO presente documento ofrece datos sobre os riscos e oportunidades, en materia de seguridade e saúde no traballo, que comporta o traballo no sector das plataformas dixitais, e as súas conclusións aspiran a servir de axuda aos responsables políticos e ás plataformas á hora de abordar e xestionar as necesidades das persoas traballadoras, así como a reforzar os sistemas sanitarios no conxunto da UE. |
---|
Atmosferas explosivas06-03-2024 - UNIZAR-Universidade de Zaragoza-Este documento elaborado pola Universidade de Zaragoza –Unidade de Prevención de riscos laborais-, proporciona información detallada sobre atmosferas explosivas, concretamente: definición, tipo e parámetros, clasificación de zonas, equipos para zonas ATEX, fontes de ignición, medidas preventivas, normativa relacionada e preguntas frecuentes |
---|
Estudo Revisión xurisprudencial de doenzas e patoloxías de camareiras de piso05-03-2024 - Instituto das Mulleres, aedtssOs sesgos xudiciais invisiblizan as enfermidades profesionais das camareiras de piso. Este estudo presenta unha análise detallada, con perspectiva de xénero, dos distintos pronunciamentos xudiciais relativos ao tipo e cualificación das patoloxías e enfermidades padecidas polas camareiras de piso, para coñecer cales foron, e cales foron cualificadas como accidentes de traballo, na súa modalidade de enfermidades do traballo, conforme á normativa aplicable, así como que criterios se utilizaron para achar, en cada caso, a causalidade exclusiva coa actividade produtiva e, ao tempo, examinar cales foron os motivos polos que outras non foron merecedoras de tal consideración e foron consideradas como enfermidade común. |
---|