Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
4/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Un 62% dos traballadores/as do Estado español acude enfermo/a a traballar

Saúde laboral
Segundo os datos reflectidos nun estudo baseado nas respostas de 4.000 empregados/as e 500 empresarios/as en toda Europa, o Estado español e o francés teñen a porcentaxe mais elevada de traballadores/as que acuden enfermos a traballar. No caso dos traballadores/as do Estado español o 29% admite que se ten prantexado cambiar de emprego debido ao impacto negativo que a contorna laboral está a ter na súa saúde.

O estudo amosa que en relación aos problemas de saúde relacionados co traballo, tamén o Estado español é un dos que presenta maior afectación:  dores nas cervicais (51 %), ombreiros tensos (34 %), dor de bonecas ou brazos (26 %) e problemas oculares (21 %), como consecuencia directa das circunstancias nas que traballan.

Analizando as causas dos problemas de saúde indicados, se constata a baixa concienciación sobre as boas prácticas no traballo; así os traballadores/as admiten malas posturas (57%), sentar moito tempo sen facer descansos (34%) ou traballar horas extra habitualmente ou durante as fins de semana para compensar (23%).

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais