Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
30/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017 - 2020

ISSGA
O ámbito temporal da presente estratexia abrangue o período comprendido entre os anos 2017 e 2020, en concordancia cos período de vixencia das novas estratexias europea e española de seguridade e saúde no traballo. Na estratexia propóñense seis obxectivos estratéxicos para implementar e desenvolver durante o espazo temporal que esta abrangue. Os obxectivos estratéxicos compóñense de varias liñas de actuación, co fin de dividir as diferentes actuacións en función da problemática detectada, e estas a súa vez en actuacións concretas.

Como obxectivos estratéxicos aparecen:

Obxectivo 1: Mellorar a eficiencia das institucións públicas dedicadas á prevención de riscos laborais

Obxectivo 2: Promover a participación e implicación dos interlocutores sociais e dos actores implicados na seguridade e saúde no traballo

Obxectivo 3: Mellorar e facilitar o cumprimento efectivo da normativa sobre prevención de riscos laborais, así como a súa vixilancia e control

Obxectivo 4: Potenciar actuacións das Administracións públicas en materia de análise, investigación, información, promoción, apoio e asesoramento técnico en prevención de riscos laborais

Obxectivo 5: Promover a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, con especial atención a sectores, actividades empresariais, colectivos e empresas que presentan maior risco

Obxectivo 6: Potenciar unha formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais e a consolidación dunha cultura preventiva na sociedade galega

Máis información Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017 - 2020

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais