Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
30/5/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A Comisión Europea adopta unha proposta de Directiva co fin de mellorar as condicións de traballo dos traballadores/as no sector da pesca.

saude laboral
En 2013, os interlocutores sociais da UE no sector pesqueiro alcanzaron un acordo polo que se propoñía harmonizar o Dereito da UE co Convenio sobre o traballo na pesca de 2007 da Organización Internacional do Traballo (OIT). Logo do acordo dos interlocutores sociais sobre as condicións de traballo no sector da pesca, a Comisión Europea ven de transformar ese acordo en proposta de Directiva, que ofrecerá un maior nivel de protección aos pescadores da UE.

A comisaria de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidades e Mobilidade Laboral, indicou: «Na UE, máis de cen mil persoas traballan na industria da pesca, a miúdo en condicións difíciles no mar. A taxa de accidentes e lesións pode ser quince veces maior que a doutros sectores. Esta proposta contribuirá a reducir os riscos aos que se enfrontan os pescadores no traballo. Dita proposta baséase nun acordo dos interlocutores sociais sectoriais europeos e é un excelente exemplo da súa capacidade de traballar xuntos para mellorar as condicións laborais».Segundo o comisario de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca: «A UE lidera a loita mundial contra as actividades de pesca ilegal. A actividade ilegal, non declarada e non reglamentada (pesca INDNR) é prexudicial para a saúde e a seguridade dos pescadores. A proposta mellorará as condicións de traballo dos pescadores no mar, reducirá os incentivos para a pesca ilegal e garantirá unha industria da pesca saudable e sustentable que siga atraendo a traballadores experimentados e cualificados».

A Directiva proposta contén requisitos mínimos para:    - o traballo a bordo (idade mínima, certificado médico, información no contrato de traballo, etc.);    - as condicións do servizo (límites do tempo de traballo, dereito de repatriación, etc.);    - o aloxamento e a comida;    - a protección da saúde e a seguridade no traballo, incluída a asistencia médica a bordo e en terra.A industria europea da pesca é a cuarta máis grande do mundo. Emprega a máis de cen mil persoas na UE e fornece uns 6,4 millóns de toneladas de peixe ao ano. Os pescadores a miúdo viven e traballan durante días a bordo do buque, en circunstancias difíciles e con equipos pesados. A taxa de accidentes e lesións no sector é alta comparada coa doutros sectores: pode chegar a ser quince veces superior á media. Os pescadores non regresan aos seus fogares cada día, polo que dependen do seu empleador no que á atención médica a bordo, a alimentación, a auga potable e o aloxamento se refíre.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais