Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
30/3/2015
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Unha investigación da Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e a Università Politecnica delle Marche demostra a eficacia enerxética das cubertas con vexetación.

I+D+i
No estudo analízanse os efectos sobre o enfriamento pasivo dos edificios, resultando que as cubertas cunha densidade de vexetación elevada son un 60% máis eficientes enerxeticamente que as cubertas que non teñen vexetación.

Dita investigación tiña como obxectivos analizar o impacto da densidade da vexetación na eficiencia enerxética dunha cuberta situada nun clima mediterráneo costeiro, desenvolver un modelo numérico simplificado que permita calcular os valores de resistencia térmica equivalente de plantas e substrato e validar o modelo numérico utilizando datos experimentais.

A conclusión do estudo é que cando as cubertas dos edificios teñen unha densidade de vexetación elevada, a calor que entra no edificio é un 60% inferior á calor que entra cando non hai vexetación. Demostrouse tamén que en verán, a enerxía que sae do edificio a través da cuberta supera nun 9% á enerxía que entra durante o mesmo período, servindo así de sistema de refixeración pasivo. Finalmente demóstrase que o modelo numérico desenvolvido ten un bo grao de aproximación, xa que reproduce o comportamento térmico da cuberta cun erro que varía entre o 5% e o 7%.

Pódese calcular deste xeito o aforro enerxético obtido coa utilización destas cubertas vexetais demostrando así a súa eficacia enerxética.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais