Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
3/4/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Condenado un empresario polo accidente dun traballador

sentenza
O empresario foi declarado autor dun delito contra o dereito dos traballadores e condenado a 14 meses de prisión e ao pago de 3.600 euros de multa. A autoridade xudicial o responsabiliza dun accidente laboral no que un traballador sufriu lesións de gravidade tras caerlle encima unha peza de 1.700 quilos. O accidente produciuse cando varios traballadores trasladaban nun guindastre ponte un taboleiro dunha comporta de 1.700 quilos; cando a peza ía ser depositada sobre uns perfís o gruista elevouna para que na parte inferior da mesma se colocasen uns elementos de madeira co fin de evitar que se puidese levantar a pintura; No momento no que o operador do guindastre comezou a baixar o taboleiro, a «garra» que o suxeitaba soltouse e caeu sobre un traballador.

 

A maxistrada considera que as deficiencias no accesorio de elevación foron unha das causas que desencadearon o sinistro: a garra que suxeitaba a peza non levaba ningunha indicación lexible sobre a capacidade de carga nin de apertura, carecía de marcado CE e non foi utilizada segundo as instrucións do fabricante, «xa que non se aseguraron de que non houbese persoas na zona de suspensión da carga»; así mesmo,non comprobaron que non houbese restos de materiais ou outras sustancias nas mordazas da garra que impedisen un agarre seguro, non se realizaron inspeccións frecuentes nin periódicas, «ou non se ten constancia documental das mesmas» e que o accesorio de elevación non era  «axeitado» para amarrar a peza, pois esta recibira un tratamento superficial de pintura que diminuía a súa garantía de suxeición.Neste sentido, precísase na sentenza que era a primeira vez que se manipulaba unha peza destas características, destacando que ainda que garra empregada fora usada anteriormente, pero sempre con pezas non pintadas.A sentenza destaca que o traballador accidentado «tampouco» tiña formación específica en materia de guindastres e elevación de cargas, concuíndo que «A lesión debeuse á ineficaz actuación do acusado ao non prover aos seus traballadores a formación, información e medios na manipulación das cargas, así como ao permitir que a manipulasen persoas que carecen da formación necesaria».

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais