Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
3/3/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Cortiza como descontaminante

I+D+i
Investigadores da UPM, a Universidade de Limoges e o Centre National de la Recherche Scientifique, CNRS, de Francia, desenvolveron un procedemento para a obtención dun novo material a partires de cortiza e os seus residuos. Este material, sostible e económico ten propiedades descontaminantes.

Este novo material está fabricado a partir de residuos da industria da cortiza que non teñen aproveitamento.

Os investigadores, que denominaron Photo.Cork a este novo material, indican que "ten un marcado carácter sostible e de aforro enerxético, con características absorventes e propiedades fotocatalíticas que o convirten nun material idóneo para o tratamento de gases e augas con alta presencia de substancias orgánicas contaminantes". O seu emprego na descontaminación se realiza "in situ" e con baixos custes de operación. Nas probas realizadas en laboratorio, observouse unha eliminación dun 50% do contaminante logo dunha hora de contacto e ata o 100% nun contacto superior ás dúas horas.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais