Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
29/6/2015
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Aclaración sobre a formación de primeiro e segundo ciclo do V Convenio Xeral do Sector da Construcción

Formación
Debido ás dúbidas suscitadas acerca da convivencia da formación inicial de 8 horas e a formación por posto de traballo ou oficio, así como do contido concreto desta última, a Comisión Paritaria do Convenio considerou convinte realizar unha aclaración ao respecto. Así aparece puplicada no Boletín Oficial do Estado a Aclaración da Comisión Paritaria do Convenio acerca do disposto no artigo 138 b) do V Convenio Xeral do Sector da Construción ao redor da formación do primeiro ciclo e do segundo ciclo.

O V Convenio Xeral do Sector da Construción inclue un artigo 138.b) no que se pode ler: «b) O segundo ciclo deberá de transmitir ademais da formación inicial, coñecementos e normas específicas en relación co posto de traballo ou o oficio.» Con esta redacción as partes asinantes do V Convenio Xeral do Sector da Construción aclararan que a formación por posto de traballo ou oficio de 20 horas inclúe tamén a formación de Aula Permanente ou de 8 horas. En todo caso a formación inicial continúa sendo eficaz e válida para a obtención da TPC. Ademais en relación aos contidos formativos, se considera que a formación de 8 horas está na estrutura xa determinada das 20 horas.

Ligazón ao BOE

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais