Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
29/2/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Tese doctoral sobre os efectos do amianto nos traballadores do naval en Ferrol

Amianto
Para a realización desta tese doutoral, presentada na Universidade de A Coruña, foron analizados os casos de 681 traballadores, cunha idade media de 65 anos, un tempo medio de exposición de 20 anos, e un tempo medio de latencia de 41 anos. Dentro do colectivo se estimou a posible influencia do tabaquismo, determinando que un 72,3% dos traballadores consumían tabaco, cunha media de 24,89 cigarrillos ao día. Así mesmo, se considerou que un 30,3% tiñan algún antecedente neumolóxico.

A autora da tese doutoral, analizou 681 casos de traballadores que pasaron pola súa consulta na Unidade específica de asbestose do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol entre os anos 2002 e 2009. Segundo os datos obtidos, algúns traballadores estiveron expostos ao amianto durante máis de vinte anos, o que implica unha maior gravidade das súas doenzas, se temos en consideración que a partir dos dez anos de exposición aparecen complicacións pulmonares importantes. O síntoma máis frecuente foi a disnea, nun 53,74 % dos casos analizados. Así mesmo, o 70,7% dos traballadores presentaron algún tipo de alteración radiolóxica, sendo a máis frecuente a pleural. Diagnostícaronse 34 casos de asbestose, 13 carcinomas broncoxénicos e 3 mesoteliomas.

A tese presentada na Universidade de A Coruña, conclúe que o amianto, que se empregaba na construción de barcos como illante, expuxo aos traballadores a graves riscos para a súa saúde, dando lugar a doenzas como asbestose, disnea, mesoteliomas e carcinomas.

As conclusións desta tese, explican o alto número de casos de cancro de pulmón e outras doenzas relacionadas con este órgano que se diagnostican na comarca de Ferrol. O amianto deixou de empregarse nos asteleiros no ano 1987 a nivel construtivo, aínda que seguiu presente na reparación naval. No ano 2002, o amianto foi prohibido no Estado español.

As doenzas relacionadas coa exposición ao amianto poden presentarse anos despois de finalizada a exposición; a autora da tese recomenda a calquera persoa que teña traballado con amianto que acuda ao seu médico de cabeceira.

 

Ligazón á tese doctoral:  Características clínicas, espirométricas e radiolóxicas dos traballadores expostos ao amianto na área sanitaria de Ferrol: experiencia dunha consulta monográfica de vixilancia post-ocupacional Febreiro/2002-Febreiro/2009

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais