Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
28/9/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Datos de sinistralidade 1º semestre: rexístrase un incremento en relación ao mesmo período do ano anterior

Sinistralidade
Segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, 360 traballadores/as faleceron en accidente laboral entre xaneiro e xullo deste ano 2016, 23 máis que no mesmo período de 2015, o que supón un incremento do 6,8%. Do número total de accidentes mortais, 92 foron en itínere, o que representa un incremento dun 64,3%.

Nos sete primeiros meses do ano contabilizáronse 320.721 accidentes laborais con baixa, o que supón un aumento do 6,7% respecto ao número de sinistros do mesmo período de 2015, no que tiveron lugar 300.550 accidentes. Do conxunto de sinistros, 277.371 accidentes rexistráronse no lugar de traballo (un incremento do 6,5%) e 43.350 foron sinistros in itínere, un 7,8% máis. En relación aos accidentes leves con baixa no posto de traballo rexistráronse 275.059 ata xullo, un 6,6% máis, e os graves acadaron os 2.044, un 5,9% máis. No caso dos sinistros in itínere, rexistráronse 42.718 accidentes de carácter leve (+7,7%) e 540 de gravidade (+8,4%).

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais