Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
28/4/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. O neoliberalismo mata.

28 de abril
No actual contexto sociolaboral de extraordinaria inseguridade e incertidume para o conxunto da clase traballadora, persiste e exténdese o temor en relación á evolución que está a experimentar o mundo do traballo que, paradóxicamente a pesares dos incrementos da productividade, das capacidades tecnolóxicas dos medios de producción e o incremento dos beneficios empresarias, non para de xenerar emprego precario, un incremento exponencial das desigualdades e unha pobreza estructural da que xa non se libran nin aqueles que teñen a sorte de traballar, xenerándo inmensas bolsas de marxinación e exclusión social.

O “sistema laboral” propiciado polo PP está fundamentado nunha reforma laboral tan brutal como inxutificada que, xunto a unha política antisocial de  recortes extremos, ten derivado nunha profunda desestruturación do mercado de traballo, na precarización laboral a ultranza e nunha perda de dereitos sen parangón no ámbito das relacións laborais.

Unha taxa de desemprego ao redor do 24%, no que hai un 25% de mulleres en paro máis que homes e cun salario medio un 20% inferior; un nível de desemprego da xente moza o dobre do promedio; unha a precarización do emprego que comeza a ser xeralizada ou un envellecemento da poboación traballadora que alcanzará en pouco tempo cotas do 18%, configuran entre outros moitos factores unha situación de incertidume sobre a viabilidade do actual sistema de protección social, que o Governo do PP xa se encargou de deixar de por sí minguado e prácticamente inoperativo en termos de extensión, cobertura e adecuación ás necesidades da poboación traballadora.

É esta unha situación sociolaboral caracterizada pola globalización e internacionalización dos mercados imposta pola ideoloxía neoliberal, que ten introducido intencionalmente o factor de competitividade baseado na perda de dereitos, o deterioro das condicións de traballo e a baixada extrema dos salarios, como un dos factores clave na procura do máximo beneficio das empresas e grupos de inversión, sobre calqueira outro tipo de razón ou de valor social.

É unha situación esta caracterizada pola emigración forzada de millerios de traballadores/as na procura dun emprego digno e decente que non atopan na nosa terra;

polo medre exponencial da economía sumerxida ou informal, sen garantías laborais nin condicións axeitadas de traballo;

pola constante diminución dos traballos fixos e estables, substituidos por traballos eventuais e temporais dunha extrema precariedade e sometidos a unha significativa e forzada mobilidade territorial e funcional dos/as traballadores/as;

pola tendencia a desregulamentación laboral promovida polas políticas neoliberais dos últimos anos, que está a ter nefastas consecuencias en termos de seguridade xurídica e protección dos dereitos laborais.

Unha situación ista de crecente financiarización da economía, con prevalencia da economía especulativa fronte a economía productiva xeneradora de emprego e beneficios sociais, que finalmente remata por debilitar ás empresas e facelas financieiramente dependentes, contrapoñendo os beneficios  a curto prazo fronte á sostenibilidade e o emprego que estas xeran, incluso cando as mesmas son plenamente viables.

Neste contexto de degradación do mundo do traballo, no noso Pais multiplícanse os accidentes laborais graves e mortais con crecementos expoñenciais absolutamente inxustificados, producto das malas prácticas empresariais e a continuada desidia das administracións públicas en materia de prevención de risco e saúde laboral, situándonos nos primeiros postos do ranquing do Estado no índice de incidencia deste tipo de accidentalidade.

Son xa moitas as economías chamadas “avanzadas”, nas que as enfermedades profesionais non paran de medrar ou o número de traballadores/as con incapacidades de orixe laboral aproxímase aos que se atopan en situación de desemprego, consecuencia dunha lacerante falta de prevención e seguridade laboral que deriva nuns enormes custes económicos e humanos para o conxunto da sociedade. Sociedade que é quen finalmente remata por pagar con creces os incumprimentos normativos das empresas fronte a desidia e a permisividade dos poderes públicos.

Sen dúbida algunha a promoción do pleno emprego nunhas condicións laborais dignas e seguras, constitúe un imperativo político e de dereito que debe acadarse para o conxunto da poboación. Son necesarias políticas prácticas e realistas vinculadas á nosa xente e ao noso territorio, que promovan iniciativas productivas económica e medioambientalmente sustentabeis, cunhas condicións de traballo dignas e seguras como a maior das garantías para avanzar nunha maior xustiza social e nuns maiores niveis de igualdade e benestar.

Así as cousas, é innegable a vital importancia que ten a “política” con maiúsculas. Aquela que se practica con vocación e honestidade, e realmente se orienta ao servizo da sociedade e da consecución do benestar das persoas, máis aló do salvaxe latrocinio ao que nos teñen sometidos esta sorte de PPartidos ultracapitalistas e neoliberais que nos veñen “gobernando”.

Son necesarias logo medidas políticas que xeneren máis aló de toda especulación, as condicións marco necesarias para promover no noso País unas prácticas empresariais orientadas á consecución de liñas de producción e de traballos máis seguros e sostibles. Prácticas que dependen en gran medida das regulamentacións promovidas tanto polos governos de turno como da capacidade negociadora dos traballadores a través da negociación  colectiva. Cuestión ista nestes monentos prácticamente imposible dada a brutal cercenación de dereitos imposta polo Goberno do PP a través da  vixente reforma laboral, a través da cal se encargou de desmontar e deixar sen contido a capacidade de negociación colectiva dos traballadores/as, primando legalmente a negociación individual e de empresa, co gallo de restarlles forza e capacidade para negociar as condicións de traballo e os seus dereitos laborais .

A calidade do traballo e do propio emprego, para ser sustentables deben reunir unha serie de características vinculadas a catro dimensións  necesarias e fundamentais: os ingresos salariais, as perspectivas da carreira profesional, a calidade intrínseca do propio emprego e a calidade do traballo. Por enrriba de todas estas características e como un factor fundamental, irrenunciable e innegociable, atópase sen dúbida a seguridade e a saúde laboral. Sin elas non existe nin sustentabilidade nin dignidade laboral, nin futuro posible.

O enorme deterioro ao que está sometido o mundo do traballo, esta a ter todolos días nefastas consecuencias sobre a seguridade e a saúde dos traballadores/as. A precariedade no emprego e a desregulación laboral non deixan de multiplicar exponencialmente os riscos psicosociais e de seguridade, incrementado significativamente os índices de sinistralidade e as enfermidades profesionais.

Só un cambio de modelo económico e de pradigma social pode xa hoxe modificar substancialmente o estado das cousas. Sen a garantía dunhas condicións de traballo dignas e seguras, non hai democracia, non hai igualdade, non hai benestar nin xustiza social.  

Non hai outro camiño. Por un traballo digno e seguro na nosa terra, loita coa CIG. Defende os teus dereitos.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais