Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
28/11/2011
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

O Goberno aproba o Real Decreto 1620/2011, de 14 de novembro, que regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar

LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL
O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto que regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar. Esta relación laboral descansa en dous aspectos moi característicos, como son o ámbito onde se presta a actividade (o fogar familiar) e o vínculo persoal baseado nunha especial relación de confianza entre o titular do fogar familiar e as persoas empregadas de fogar.

A regulación desta relación laboral especial remóntase 25 anos, polo que se aconsellaba unha revisión en profundidade da normativa relativa para renovar e modernizar a relación laboral e achegala ao máximo aos dereitos do resto dos traballadores.

Este Real Decreto enmárcase nun ambicioso proceso de actualización da normativa que afecta os traballadores e traballadoras domésticas. Neste sentido, a Lei 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do Sistema de Seguridade Social procede a integrar o Réxime Especial de Empregados de Fogar no Réxime Xeral, tal como se contemplaba no Acordo Social e Económico subscrito por Goberno, sindicatos e empresarios, e habilita ao Goberno a modificar, en consonancia con esta integración, a regulación da relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar.

Mediante este Real Decreto acométese unha actualización sustantiva da relación laboral para propiciar unha mellora das condicións de traballo das persoas traballadoras do sector, avanzando na dignificación do traballo deste colectivo, que realmente necesita un recoñecemento efectivo e unha maior valoración do traballo que achegan ás familias e á sociedade no seu conxunto.

Ademais é unha proposta equilibrada que se constrúe sobre o necesario equilibrio de intereses das partes da relación laboral. Do mesmo xeito, debe contribuír a regularizar situacións de emprego non declarado que existen neste ámbito, pondo fin a situacións de desprotección laboral e social.

Esta nova regulación será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2012.

As novidades máis importantes que contempla este Real Decreto son as seguintes:

- O acceso ao emprego no fogar familiar realizarase mediante contratación directa ou a través dos servizos públicos de emprego ou das axencias de colocación debidamente autorizadas, con garantía plena da non discriminación (por razón de sexo, orixe racial ou étnica, idade).

- Mellor información dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores, porque o contrato formalizarase por escrito, fronte á regulación actual que permite o contrato verbal.

- Maior estabilidade no emprego e menos precariedade laboral.

- Garántese, como mínimo, o pago en metálico do salario mínimo interprofesional en cómputo anual, por baixo de cuxa contía non será posible realizar desconto algún por salario en especie por manutención ou aloxamento. Cando exista salario en especie este non poderá superar o 30% das percepcións salariais.

- A traballadora ou traballador terá dereito a dúas pagas extraordinarias ao ano, de modo que se garanta a percepción do SMI en cómputo anual.

- Ampliación da duración do descanso entre xornadas.

- Mellor regulación do tempo de presenza, no que o traballador está a disposición do empleador pero sen prestar traballo efectivo.

- Mantense como causa de extinción do contrato o desistimiento do empleador, pero deberase comunicar de forma expresa. Nos novos contratos, amplíase de 7 a 12 días de salario por ano de servizo a indemnización a que ten dereito a persoa traballadora neste caso.

- Prevense mecanismos de asistencia e colaboración por parte da Administración para axudar aos empleadores ao cumprimento das obrigacións.

- Apúntase por primeira vez a posibilidade de que no futuro as persoas ao servizo do fogar familiar poden acceder a un sistema de protección por desemprego. Durante 2012 un grupo de expertos analizará esta cuestión e fará propostas para tomar a decisión que corresponda en 2013.

Real Decreto 1620/2011, de 14 de novembro

Fonte de Datos: Ministerio de Traballo e Inmigración

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais