Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
27/4/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Experimento en Suecia: xornada laboral de seis horas

Saúde laboral
En febreiro, logo de case dous anos con xornadas de traballo de seis horas, as enfermeiras do centro xeriátrico Svartedalens en Gotemburgo, Suecia, volveron ás súas quendas de oito horas porque a primeira vista os custos deste experimento superaron os beneficios. Unha nova investigación incide nos beneficios dos horarios laborais máis curtos máis saúde e maior produtividade.

A cidade de Gotemburgo tiña orzamento (sobre 1,3 millóns de dólares) para contratar aos 17 empregados adicionais para cubrir os ocos xerados polos horarios máis curtos durante un período duns dous anos. Rematado o orzamento, remata o experimento, pois os lexisladores  consideraron que era demasiado custoso.

Segundo se constata nun artigo que revisa as conclusións deste experimento, existen aforros claros a longo prazo que as conclusións do proxecto non tiveron en conta. Traballar menos horas traduciuse en traballadores/as máis saudables: "estaban menos cansos/as, menos enfermos/as, tiñan máis enerxía ao chegar á súa casa e máis tempo para realizar actividades". Así comparando o grupo de traballadoras con xornada de 6 horas cun grupo de control con xornada de 8 horas, as enfermeiras do grupo de xornada de 6 horas colleron menos días de baixa por enfermidade ( se contabilizou que as enfermeiras/os do grupo de control necesitaron un 62,5% máis de días por enfermidade durante o mesmo período que os traballadores do grupo expermiental), o número de baixas por enfermidade diminuíu e necesitaron menos tempo libre durante as súas xornadas. O feito de que as actitudes e a saúde das enfermiras deste grupo experimental fosen mellores, estivo acompañado dunha atención de mellor calidade no centro xeriátrico. É dicir, producíronse beneficios difíciles de medir analizando só ingresos e gastos.

Ao fío deste novo enfoque sobre o experimento sueco, un novo traballo de investigación publicado en Mayo Clinic Proceedings constatou que os empregados/as máis saudables gastan a metade en atención médica. Analizando a 10.000 empregados nun sistema de saúde en Florida, os científicos comprobaron que os que tiñan unha saúde cardiovascular "ideal", gastan uns 4.000 dólares anuais menos en saúde que os que tiñan unha saúde cardíaca "deficiente".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais