Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
27/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Plan de acción comunitario para a avaliación de 22 sustancias perigosas

Axencia Europea de Sustancias e Mesturas
No próximos tres anos, 22 Estados membros da UE avaliarán 115 sustancias, das cales 22 son de nova selección e 93 xa foron seleccionadas anteriormente. A partir da data de adopción, os Estados membros dispoñen de 12 meses para avaliar as 22 sustancias especificadas para 2017. As sustancias selecciónanse para esta avaliación co fin de aclarar a preocupación relacionadas coa súa exposición e as súas posibles propiedades perigosas: persistentes, bioacumulables e tóxicas (PBT), carcinóxenas, mutáxenas e reprotóxicas (CMR) ou disruptores endocrinos.

 

Durante a avaliación é posible que se poidan identificar outras propiedades preocupantes das sustancias en estudo. O número de sustancias que han de avaliarse en 2017 é inferior ao que se estableceu nos plans anteriores, quedando aprazadas ata 2018 e 2019 varias avaliacións. Isto permitirá que se realice unha comprobación do feito anteriormente para abordar posibles lagoas na información normalizada e para confirmar que a sustancia é unha prioridade para a avaliación de sustancias.A lista inclúe tamén sustancias amplamente utilizadas en lugares de traballo como xileno, negro de carbón, éter dietílico, acetato de vinilo e nanomateriales seleccionados.Máis información

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais