Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/7/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Aprobado o borrador de Norma Internacional de Seguridade e Saúde no Traballo

ISO
O Comité internacional que elabora a futura Norma de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, ISO 45001, aprobou o borrador deste documento. A publicación da que será a primeira Norma internacional ISO (Organización Internacional de Normalización) neste ámbito está prevista para finais de 2017 ou 2018. Na súa elaboración participan 100 expertos de 70 países, entre eles o Estado español a través da Asociación Española de Normalización, UNE.

A ISO 45001, que está baseada en referencias como a OSHAS 18001, establecerá os requisitos para implantar un Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo e está previsto que inclúa un anexo con orientacións para o uso; esta norma pretende reforzar o papel da alta dirección no liderado do Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, desenvolver indicadores para demostrar a mellora continua e salientar a participación de traballadores/as de todos os niveis da organización.  Así mesmo presenta unha común cos documentos de xestión máis empregados no mundo, ISO 9001 (Calidade) e ISO 14001 (Medio Ambiente).A futura norma ISO 45001, de aplicación voluntaria, está destinada para aplicarse a calquera organización independentemente do seu tamaño, tipo ou natureza e será certificable por unha terceira parte independente. A publicación da ISO 45001 non supoñerá a desaparición a curto prazo de OHSAS 18001 e as organizacións certificadas que o desexen poderán realizar a migración á ISO 45001.

Ligazón á páxina de AENOR que aloxa o documento (dispoñible logo de pagamento)  ISO/DIS 45001.2:2017 Sistemas de gestión de la seguridad y salud en el trabajo. Requisitos con orientación para su uso

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais