Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/7/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Cambio lexislativo para que a silicose sexa recoñecida como incapacitante.

Hixiene
A CIG urxe ao Instituto Nacional da Seguridade Social que recoñeza aos afectados de silicose en grao 1 o dereito a unha pensión de invalidez sen necesidade de que teñan que acudir á vía xudicial, como está a suceder na actualidade. Anxo Pérez Carballo, membro da executiva confederal da CIG, lamenta que teñan que ser os xuíces os que "están a interpretar dunha maneira máis humana a lexislación", recoñecendo o dereito a cobrar unha pensión de invalidez aos afectados na súa fase inicial; a principios de mes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia "estabeleceu con total claridade o dereito dun traballador con silicose en grao uno a optar a un posto de traballo alternativo na mesma empresa ou a ver reconcida unha incapacidade permanente".

No caso de que un traballador/a con silicose grao 1 non pase a revisión médica obrigatoria para traballar no sector da lousa, non pode seguir no seu posto; a consecuencia é que si a empresa non ten un posto de traballo libre de po onde ubicalo, remata por despedilo/a. Ata o ano pasado se o traballador/a non padecía unha enfermidade recorrente (como pode ser a tuberculose), non tiña o recoñecemento de incapacidade permanente total (que da dereito a unha pensión que supón o 55% da base de cotización). Así, o traballador/a quedaba excluído do sector no que traballaba, sen posibilidade de volver, pero sen dereito a prestación.

Esto sempre que non fose ao xulgado, segundo indica Anxo Pérez Carballo: "nos últimos tempos hai varias sentenzas, primeiro do Tribunal Supremo e despois do Superior de Galicia, co que se creou xurisprudencia, que si recoñecen esta enfermidade como incapacitante, deixando sen efecto unha orde ministerial de 1969".

Por iso, dende o sindicato reclaman que se cambie a lei. «A xustiza está indo por diante dá administración. O que pedimos é un cambio lexislativo para non ter que ir con cada caso ao xulgado, que é ou que pasa agora». 

Explica tamén que existe unha "resolución interna" do Instituto Nacional da Seguridade Social (de outubro de 2015) para que se recoñeza esta situación, «pero en Ourense óbviana, e de forma sistemática resolven en contra do traballador». Así, a varios trabajadores declarados non aptos para a súa función foilles denegada unha pensión a pesares do cambio de normativa, situación  especialmente grave nesta provincia. Ourense rexistra, xunto a Pontevedra, o maior número de casos relacionados con esta enfermidade, derivados da extracción de lousa que se realiza na comarca de Valdeorras. No ano 2012, rexistrou 29 casos aos que se suman 17 de 2008, 19 en 2009; os datos de afectación téñense incrementado nos últimos anos, segundo datos do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo; "Outras noventa persoas presentaron alteracións importantes que requiriron atencións radiológicas", engadiu o representante da CIG. 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais