Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Condea para un xefe de obra e un contratista pola morte dun encofrador

Sentenza
A Audiencia Provincial de Cantabria condea a 22 meses de prisión e multa de 1.260 euros a un xefe de obra e ao xerente dunha empresa contratista, pola morte no ano 2009 dun traballador que se cravou unha variña de ferralla ao caer ao chan dende unha escaleira de man cando colocaba un encofrado. Se os considera autores dun delito contra os traballadores e outro de homicidio por imprudencia grave. Segundo a Audiencia, ambos "fixeron total deixazón das súas obrigas de forma moi grave, deixando aos traballadores da obra totalmente desprotexidos".

O xuíz absolveu á redactora do plan de seguridade e saúde, que estaba acusada dos mesmos delitos que os condeados, ao considerar que o responsable da seguridade da obra era o director da mesma.Segundo se indica na sentenza, a causa do accidente foi dobre: a manobra "inaxeitada" do operario e que a variña de ferralla carecía de cogomelo de protección.Explicase na resolución que a empresa do traballador falecido optou por escaleiras de man para realizar os enconfrados no canto de plataformas -o plan de seguridade aludía aos dúas medios- opción que resultou "insegura e perigosa".Ademais, "omitiuse a elemental protección das variñas saíntes que crean un risco para as persoas que traballan na obra, medida de protección que se atopaba prevista por medio da colocación dos cogomelos citados ou do dobrado das variñas".Segundo explica a sentenza, entre as obrigas do director de obra "atopábase a de revisar o plan de seguridade e saúde, aplicalo en cada tarefa e vixiar o cumprimento das medidas previstas", mentres que o xerente da empresa "é o encargado de garantir o cumprimento das medidas de seguridade na obra e está legalmente obrigado a fornecer aos seus traballadores todos os elementos que garantas a súa integridade física".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais