Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Absoltos os acusados dun accidente laboral

Sentenza
A sentenza exime de calquer tipo de responsabilidade ao director técnico da empresa, ao técnico de prevención, ao xefe de obra, ao encargado xeral e ao oficial de primeira que asumía algunhas funcións propias dun xefe de equipo ao recoñecer que a empresa dispoñía de todas as medidas de seguridade regulamentarias e que a vítima recibira tanto a formación como o equipo necesario para traballar.

O accidente laboral tivo lugar nunha obra de construción dun edificio de vivendas en setembro de 2010 cando o traballador estaba a empregar unha máquina tronzadora de mesa para realizar o corte dunha táboa; a súa man dereita entrou en contacto co disco da máquina tronzadora, a consecuencia do que perdeu un dedo e sufriu feridas noutros dous.Na sentenza conclúese que "o protector do disco da serra estaba inoperante no momento do accidente porque quedara fixado mediante un excesivo aperte do parafuso de fixación ao coitelo divisor, polo que o protector non caía polo seu propio peso sobre a mesa da tronzadora", non quedando acreditado quen quen apertou o parafuso de fixación nin canto tempo levaba inoperante, aínda que o xuíz entende, logo da declaración dunha testemuña, que «o accidente se produciu porque o protector do disco foi 'puenteado' indebidamente polo propio traballador prexudicado, de forma puntual e ás costas da racional previsión e prevención dos responsables de velar pola seguridade no traballo».Considérase acreditado que a máquina tonzadora estaba en perfecto estado o día do accidente e que o accidentado contaba cos oportunos equipos de protección individual, estaba autorizado para o manexo da máquina e recibira formación en materia de seguridade e prevención de riscos laborais.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais