Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/5/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Novo método para capturar chumbo e cadmio en augas contaminadas

Medio ambiente
Científicos das universidades de Córdoba e Bochum (Alemaña) veñen de desenvolver un sistema que captura de forma selectiva o chumbo e o cadmio, dous potentes contaminantes procedentes da actividade industrial, o que axuda a reducir estos metais en ríos e balsas de auga; este sistema emprega hidrotalcitas, uns compostos con magnesio e aluminio.

Artigos de uso moi común como s baterías dos coches, as pilas dos diferentes dispositivos ou os restos de pinturas ou pigmentos usados ata hai pouco teñen cantidades significativas de chumbo e cadmio, dous metais pesados moi contaminantes.

As hidrotalcitas estaban sendo empregados como descontaminantes debido á súa estrutura laminar. Chamados tamén hidróxidos dobres laminares ou arxilas aniónicas, estes compostos son capaces de intercambiar aniones na súa zona interlaminar con substancia aniónicas como os pesticidas, as tinguiduras ou os fosfatos e nitratos de uso agrícola. Por medio desta capacidade de intercambio, os compostos tóxicos podíanse retirar do medio ambiente.

O equipo investigador observou novas propiedades destes descontaminantes e usou dous hidrotalcitas como substratos para a eliminación electroquímica de metais toxicos de forma selectiva. "As hidrotalcitas modifican os eléctrodos e favorecen a deposición dos metais pesados. Ao capturalos, pódense recuperar para os seus posibles usos posteriores", explica a investigadora principal do estudo. Nun traballo previo, os investigadores demostraron en laboratorio a capacidade de absorción da hidrotalcita con tres metais pesados: cobre, cadmio e chumbo; así mesmo observaron que este composto resulta eficiente á hora de absorber contaminantes cando se atopan simultáneamente nas augas contaminadas.Os resultados están publicados na revista Physical Chemistry Chemical Physics.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais