Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/4/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Lanzamento oficial da versión en castelán de Stoffenmanager®

Hixiene
O pasado 1 de febrero deste ano 2018, presentouse oficialmente en Barcelona a versión en castelán de Stoffenmanager®, un software libre para a avaliación simplificada da exposición laboral a axentes químicos. A presentación contou con 30 participantes procedentes de diferentes territorios do Estado español, tanto do sector público como de distintas empresas. O obradoiro de presentación foi organizado en cooperación coa Asociación Española de Hixiene Industrial (AEHI).

A presentación da versión en castelán destacou o interese de Stoffenmanager® como un instrumento para implementar a lexislación de seguridade e saúde e REACH, mais tamén como unha ferramenta para a xestión completa de produtos químicos. Durante o día levaronse a cabo diferentes exercicios prácticos que deron como resultado avaliacións cualitativas (control por bandas) e cuantitativas. Os participantes foron moi positivos en relación ás achegas proporcionadas polo obradoiro. Cualificárono cunha puntaxe de 8.5 sobre 10.

Stoffenmanager é un software útil para realizar a xestión dos riscos por exposición a axentes químicos usando un método de avaliación e xestión de tipo “control banding”. Este programa de orixe holandesa permite, dunha forma sinxela, que unha PEME priorice os riscos para a saúde polas substancias perigosas presentes no traballo, e determinar as medidas de control eficaces. Ademais, como afirman na súa web, “o modelo da exposición por inhalación cuantitativa foi aceptado como método para avaliar as substancias perigosas no lugar de traballo da Inspección de Traballo holandesa.”

A versión gratuíta de Stoffenmanager (hai versións de pago con máis prestacións) está dispoñible en: https:// stoffenmanager. nl/

Fonte: Stoffenmanager

*Concepto: Control  Banding

O “control de bandas” é un enfoque de xestión e avaliación de riscos cualitativa ou  semicuantitativa para promover a saúde e a seguridade no traballo. O seu obxectivo é minimizar a exposición dos traballadores a substancias químicas perigosas e outros factores de risco no lugar de traballo e axudar ás pequenas empresas ao proporcionar un enfoque práctico e fácil de entender para controlar as exposicións perigosas no traballo.

O principio de “bandas de control” aplicouse por primeira vez a produtos químicos perigosos, mesturas químicas e fumes. O proceso de bandas de control salienta os controis necesarios para evitar que as substancias perigosas causen dano ás persoas no traballo. Canto maior sexa o potencial de dano, maior será o grao de control necesario para xestionar a situación e facer que o risco sexa "aceptable".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais