Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/1/2018
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

O INSSBT presenta en Bilbao a edición revisada da Guía Técnica do Real Decreto 665/1997 de axentes canceríxenos ou mutáxenos

INSSBT
O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo (INSSBT), de acordo co disposto no artigo 5 do Real Decreto 39/1997 polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, ten entre os seus labores a elaboración das Guías destinadas á avaliación e prevención dos riscos laborais.

O Real Decreto 665/1997, sobre a protección dos/as traballadores/as contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos durante o traballo, encomenda de maneira específica, na súa disposición final primeira, ao Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo a elaboración e mantemento actualizado dunha Guía Técnica de carácter non vinculante, para a avaliación e prevención dos riscos relacionados cos axentes canceríxenos ou mutáxenos presentes nos lugares de traballo.

Dita Guía, proporciona criterios e recomendacións para facilitar aos empresarios/as e aos responsables da prevención a interpretación e a aplicación do citado real decreto. No período de tempo transcorrido desde a aparición da primeira edición, producíronse novidades como a entrada en vigor do Regulamento (CE) nº 1272/2008 sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas (Regulamento CLP), que supuxo unha profunda revisión nestas materias.

Iso supuxo cambios na denominación das categorías en que se clasifican tanto canceríxenos como mutáxenos, así como o cambio dos pictogramas e das frases de risco (R) polos novos pictogramas e as indicacións de perigo (H), respectivamente.

Da mesma forma, a entrada en vigor do Regulamento (CE) nº 1907/2006 relativo ao rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias e mesturas químicas (Regulamento REACH), impuxo severas limitacións á comercialización das substancias químicas máis perigosas, entre as que se atopan os canceríxenos ou mutáxenos, promovendo de maneira significativa a substitución destes axentes por outras substancias menos perigosas, o que facilita o cumprimento das disposicións do artigo 4 do Real Decreto 665/1997.

Nesta “Xornada Técnica Presentación da Guía Técnica do Real Decreto 665/1997 de axentes cancerígenos ou mutágenos. Edición revisada” preséntase tamén a situación actual da normativa sobre canceríxenos e mutáxenos no marco da Unión Europea (UE).

A celebración da Xornada será en Bilbao o día 8 de febreiro de 2018, Bizkaia, Aretoa. Avenida Abandoibarra, 3, de 9:00 a 14:00 horas. Organiza: Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo. Centro Nacional de verificación de maquinaria.

Ligazón á Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou  mutáxenos durante o traballo presentada polo INSSB a finais do ano 2017.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais