Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
26/1/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Plan de residuos industriais de Galiza 2016-2020

Residuos
A Directiva marco de residuos incorpora a obriga de establecer plans e programas de xestión de residuos, así como a elaboración de programas de prevención, a fin de romper o vínculo entre crecemento económico e xeración de residuos. A xeración e a xestión dos residuos en xeral, e industriais en particular, poden presentar impactos negativos sobre o medio debido á súa composición e ao tipo de tratamento final ao que se someten.

O plan conta cun orzamento de 19 millóns de euros durante a súa vixencia, articúlandose ao redor de 13 obxectivos estratéxicos, 17 programas (un transversal de prevención, e 16 específicos segundo o tipo de residuos), 108 medidas específicas e 43 indicadores de seguimento.Este Plan, subsume o Programa de prevención de residuos industriais e o Programa de xestión de residuos de construción e demolición cuxa vixencia finalizaba no ano 2016.

Ligazón ao Plan de residuos industriais de Galiza 2016-2020, PRIGA

Máis información en SIRGA, Sistema de información de residuos de Galiza

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais