Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
25/9/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Mortes causadas polo emprego de pesticidas

ONU
Un informe da relatora especial sobre o dereito á alimentación para as Nacións Unidas aborda o uso de praguicidas químicos na agricultura considerando o seu uso como "un obstáculo para o respecto aos dereitos humanos e en concreto a obter unha alimentación axeitada". No texto afirmase que os avances que puido ter na agricultura, lograronse “a costa da saúde humana e o medio ambiente…”, cifrando en 200 mil as persoas que morren anualmente por intoxicación aguda por mor de praguicidas, incrementandose os danos con un número indefinido de intoxicacións crónicas, debido á cantidade de substancias químicas ás que están expostas as persoas diariamente. O documento chama a regular e limitar o uso de pesticidas e denuncia graves abusos por parte da industria que os produce.

O informe divídese en varios apartados, considerando os efectos sobre a saúde humana e os efectos sobre o medio ambiente. Os exemplos introducidos sérvenlle a  relatora especial para o dereito á alimentación para censurar con contundencia o modo de actuar das grandes compañías do sector. Tras resaltar o "enorme poder" do "oligopolio da industria química"  no que tres grandes grupos (Bayer-Monsanto, Syngenta-ChemChina e Dow-Dupont) controlan máis do 65% das vendas mundiais de praguicidas, critica que as dúas primeiras se neguen a divulgar os seus propios estudos sobre os efectos nocivos dos seus produtos. Tamén advirte de "graves conflitos de interese" en prexuízo dos pequenos agricultores polo feito de que esas mesmas empresas controlan o 61% das vendas comerciais de sementes. Acusa as empresas de organizar campañas para desprestixiar aos científicos que suxiren os perigos do uso de praguicidas, e alerta da existencia de "portas xiratorias" entre os organismos que elaboran as normas para o sector e a industria: "Outras prácticas flagrantes son, por exemplo, infiltrarse nos organismos federais de regulación".

Entre os efectos crónicos causados pola exposición a praguicidas indícase que existen estudos e experiencias que a vinculan enfermidades como o cancro, Alzheimer, Parkinson, trastornos hormonais, de esterilidade e desenvolvemento, efectos neurolóxicos, asmas, alerxias e hipersensibilidade. Afirma que os efectos na saúde dos praguicidas non se estudan amplamente antes de que saian ao mercado,  sobre todo no que atinxe aos seus principios inactivos que se engaden ao seu principio activo. "Tampouco se estudou debidamente a combinación de efectos resultante de estar exposto a múltiples praguicidas a través dos alimentos, a auga, o chan e o aire"

Ligazón ao informe

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais