Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
25/5/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Sostibilidade medioambiental con emprego - Perspectivas sociais e do emprego no mundo 2018

OIT
O informe fai referencia ao número de empregos que se perderán e se crearán a medida que se realice o paso a unha economía máis verde; eses novos empregos se crearán a través da adopción de prácticas sustentables no sector da enerxía, incluíndo cambios na combinación de fontes de enerxía, a promoción do uso de vehículos eléctricos e a mellora da eficiencia enerxética dos edificios. Os servizos ecosistémicos, que inclúen a purificación da auga e o aire – a renovación dos chans e a fertilización, o control das pragas, a polinización e a protección contra as condicións climáticas extremas – apoian, entre outros, á agricultura, a pesca, á silvicultura e ao turismo.

Durante a presentación do informe a Directora Xeral Adxunta da OIT declarou que “as conclusións do noso informe poñen de manifesto que os empregos dependen en gran medida dun ambiente saudable e dos servizos que proporciona. A economía verde pode permitir que millóns de persoas máis superen a pobreza, e proporcione mellores medios de subsistencia para esta xeración e as futuras. Este é unha mensaxe moi positiva, unha oportunidade nun mundo de opcións tan complexas”

O informe insta a crear sinerxias entre as políticas de protección social e as ambientais que apoian tanto os ingresos dos traballadores e traballadoras como a transición cara a unha economía máis verde. Unha combinación de políticas, que comprendan as transferencias en efectivo, unha seguridade social máis sólida e límites no uso dos combustibles fósiles, daría lugar a un crecemento económico máis rápido, maior creación de emprego e unha distribución do ingreso máis xusta, así como a menores emisións de gases de efecto invernadoiro. Os estados deberían adoptar medidas urxentes a fin de anticipar as competencias necesarias para a transición cara a economías máis verdes e ofrecer novos programas de formación. A transición cara a sistemas agrícolas máis sustentables creará empregos nas granxas orgánicas, medianas e grandes, e permitirá aos pequenos produtores diversificar as súas fontes de ingresos, en particular se os agricultores posúen as competencias adecuadas. O informe mostra ademais que as políticas, normas e leis ambientais que inclúen as cuestións laborais son un medio eficaz para avanzar o Programa de Traballo Decente da OIT e os obxectivos ambientais. “O diálogo social, que fai posible que os empregadores/as e os traballadores/as participen nos procesos de toma de decisións xunto aos gobernos, desempeña un papel esencial para reconciliar os obxectivos sociais e económicos coas preocupacións ambientais. Nalgúns casos, este tipo de diálogo non só contribuíu a reducir o impacto ambiental das políticas senón que tamén evitou as consecuencias negativas sobre o emprego e as condicións de traballo”

Ligazón ao informe Sostibilidade medioambiental con emprego - Perspectivas sociais e do emprego no mundo 2018 (informe completo en inglés, resumo do informe, video de síntese do informe e presentación)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais