Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
25/4/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Sinatura do Acordo de París para a loita contra o cambio climático

cambio climático
Coincidindo coa celebración do Día da Terra, a Organización de Nacións Unidas organizou a sinatura do documento aprobado o pasado 12 de decembro no cume do clima en París (COP21) de loita contra o cambio climático. Á cita acoden 168 países, que se comprometeron a reducir as emisións de gases invernadoiro para que as temperaturas non superen un incremento de 2ºC (ou incluso 1,5ºC) para finais de século. Este é o primeiro paso hacia a súa ratificación e entrada en vigor no ano 2020.

Logo da sinatura do documento procederase á ratificación ou aceptación do tratado nos próximos meses, proceso que, dependendo das leis e as constitucións de cada país, requerirá a intervención do poder executivo (Goberno) ou mesmo ás veces tamén a do poder lexislativo (Parlamento). Cando finalice este proceso, os representantes de cada país volverán a Nova York, lugar de sinatura do documento inicial, cun instrumento de aceptación ou ratificación do acordo a nivel internacional.

Para que poida entrar en vigor o Acordo de París, "é necesario que polo menos 55 Estados aceptasen o acordo, pero estes deben tamén representar polo menos o 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro de todo o mundo", lembrou Santiago Villalpando, da Oficina de Xurídicos Legais da ONU.  Cando isto suceda, o acordo entrará en vigor para a súa implementación en 2020.

Co fin de que a planificación de actividades previstas no acordo poida ser implementada a partires do ano 2020, os estados deben mobilizar os seus recursos, tanto económicos (o acordo contempla un fondo económico de 100.000 millóns anuais a partir do 2020) como políticos (promovendo  medidas enerxéticas contra o cambio climático) No 2018, os Estados terán a posibiidade de actualizar a súa planificación de acción así como de revisar os seus esforzos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, segundo as contribucións determinadas a nivel nacional de emisións de CO2. Segundo estas intencións de reducción de emisións, a finais de século o incremento da temperatura situarase en entre 2,7 ºC e 3,5 ºC, lonxe dos 2 ºC e aínda máis do 1,5 ºC que se marcan como obxectivo."A ambición deste acordo debe traducirse en medidas concretas para cumprir o obxectivo de 1,5 ºC, o que significa que todos os países deben volver presentar contribucións moito máis ambiciosas no marco do Acordo de París en 2020, como moi tarde", recalcou esta semana Emmanuel M. De Guzman, secretario da Comisión de Cambio Climático de Filipinas.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais