Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
25/11/2014
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Igualdade
Segundo datos da ONU, un 35% das mulleres de todo o mundo sofren violencia física e/ou sexual no contexto das relacións de parella, ou violencia sexual exercida por outros homes, estatísticas que ascenden en moitos casos a preto dun 70% das mulleres. No caso da Unión Europea, a metade das mulleres enquisadas recoñeceron sufrir nalgún momento da súa vida insinuacións sexuais non desexadas, contacto físico ou outras formas de acoso sexual no traballo.
A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero. No fogar, na escola,  no centro de traballo ou a través dos medios de comunicación, segue a fomentarse a permanencia do sistema sexo/ xénero, que persegue manter os roles de xénero tradicionais. "A violencia de xénero é un problema que atinxe a nosa sociedade no seu conxunto, está demasiado enraizada na cultura, a tradición e o comportamento habitual", polo que "acontece en todas as idades, zonas xeográficas... se atinxe a xuventude é porque as mozas e os mozos non poden mudar sen máis toda unha historia de transmisión cultural na que  xustifica esta violencia". "Non debemos confiar en que as actitudes e os roles de xénero están superados nas xeracións máis novas",  indican dende o Colexía de Psicoloxía de Galiza. "A educación" tórnase un factor "chave" de prevención e loita contra a violencia machista, sexa cal for a forma que adopte. "É preciso que no ámbito da educación se realicen labores de sensibilización desde ben cedo".A data do 25 de novembro foi escollida co gallo de honrar  as irmás Minerva, Patria e Mª Teresa Mirabal, coñecidas como “as bolboretas inesquecíbeis”  que foron violentamente asasinadas na República Dominicana polo seu activismo político, como militantes opositoras da ditadura. Ligazón á campaña da CIG "Erradiquemos a cultura da violencia machista"-Ligazón á campaña da ONU-Fontes:  Informe 25 novembro 2014. Secretaria das Mulleres da CIG, sermosgaliza.gal, ONU
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais