Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
25/11/2013
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Publicada a acta do procedemento de homologación de actividades formativas en prevención de riscos laborais en construción

FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN
O 22 de novembro publicouse no BOE a Resolución do 8 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica a Acta dos acordos sobre o procedemento para a homologación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais, así como sobre o Regulamento de condicións para o mantemento da homologación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais de acordo co establecido no V Convenio colectivo do sector da construción.

A devandita resolución contén:

  • 1. Procedemento para a homologación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais, de acordo co establecido no vixente Convenio Xeral do Sector da Construción.
  • 2. Regulamento de condicións para o mantemento da homologación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais, de acordo co establecido no vixente Convenio Xeral do Sector da Construción.

Confírmase que as entidades formativas deben ser Servizos de Prevención Alleos ou Servizos de Prevención Propios (para os traballadores da empresa) ou Mancomunados (para traballadores de empresas integrantes do Servizo de Prevención Mancomunado.

Acceso á Resolución do 8 de novembro de 2013.

Acceso á Resolución de 27 de xaneiro de 2014, corrección de erros.

 

Fonte: coordinaciónempresarial.com/BOE

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais