Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
25/10/2011
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

O Goberno aprobou o proxecto de Lei de Reforma da Inspección de Traballo e Seguridade Social

LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL
Modifica a Lei 42/1997, de 14 de noviembre, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Reforza á Inspección de Traballo, crea unha nova Escala de Subinspectores especializados en seguridade e saúde, e adapta a súa organización aos traspasos ás Comunidades Autónomas

O Proxecto pretende acadar os seguintes obxectivos:1.- Reforzar a Inspección de Traballo converténdoa nun instrumento máis especializado e con maior capacidade na loita contra a fraude, con mellores medios tecnolóxicos  e novos funcionarios especializados en materias de seguridade e saúde.   

2.- Dotala dunha organización máis axeitada ao actual escenario competencial e que permita unha mellor cooperación entre as administracións xeral e autonómicas.

 

Así pois, este  Proxecto de Lei:

  • Aumenta a potencialidade do Sistema de Inspección, incrementando as facultades do persoal para conseguir unha maior capacidade na loita contra a fraude, especialmente en materia de contratación e traballo de menores.

 

  • Crea unha nova escala de Subinspectores especializados en seguridade e saúde que permitirá incrementar as actuacións de vixilancia do cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais.

 

  • Á vez, regula o emprego das novas tecnoloxías e sistemas de información, póndoas ao servizo da actividade inspectora para conseguir maior eficacia na actuación.

 

  • Establece un marco xurídico que preserve a unidade da institución e a faga compatible co exercicio de competencias sobre a función inspectora por parte da Administración Xeral do Estado e das Comunidades Autónomas, configurando un novo soporte institucional baseado nos seguintes aspectos:
  1. Reforzo da cooperación multilateral a través dunha Conferencia Sectorial de Inspección de Traballo e Seguridade Social e da cooperación bilateral entre a Administración Xeral do Estado e a Administración autonómica en cada territorio.
  2. Creación dun órgano específico de participación das Comunidades Autónomas na dirección do Sistema, denominado Autoridade Xeral, que permitirá integrar ás Comunidades Autónomas no proceso de toma de decisións respecto das cuestións esenciais do Sistema no seu conxunto.
  3.  Incremento da participación das organizacións empresariais e sindicais no Sistema de Inspección a través da Comisión Consultiva Tripartita.

Ademais, define o réxime xurídico do persoal inspector cun réxime común (carácter nacional dos corpos de inspección, ingreso e selección únicos, e mobilidade entre Administracións) e garante, de modo esencial, o principio de unidade de función e actuación, que permite aos Inspectores e Subinspectores adoptar medidas en todas as materias socio-laborais, xa sexan de competencia estatal ou autonómica, con independencia da adscrición do funcionario a unha ou outra Administración.

Documentos
Proxecto de Lei polo que se modifica a Lei 42 1997 ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.pdf
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais