Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
25/1/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Nace un consorcio co fin de desenvolver novas tecnoloxías de protección fronte ao gas radón

Saúde
A exposición a este gas é o primeiro factor de risco de cancro de pulmón en persoas que nunca fumaron e o segundo logo do consumo de tabaco para aquelas que fuman ou fumaron. Un estudo da USC realizado no ano 2012, indicou que a exposición a este gas en concentracións superiores a 148 Bq/m3, incrementa un 220% o risco de cancro. O radón libérase en maiores cantidades en solos graníticos, penetrando nas edificacións a través de fendas ou poros no chan, da auga ou de materiais de construción. En Galiza, tendo en conta os límites marcados pola Unión Europea, hai altos límites de concentración en 30 das 53 comarcas.

No consorcio TECRA, creado co fin de traballar na reducción do impacto do gas a través de mecanismos de protección participan, ademais do Laboratorio de Análise de Radiacións (LAR) da Universidade de Santiago de Compostela, catro empresas galegas: ATI Sistemas (servizos eléctricos e de instrumentación para a industria de xeración); Galaicontrol (laboratorio de ensaios para o control de calidade no sector da construción), Arraela (desenvolvemento de novos materiais e as súas aplicacións, especialmente radioprotección) e Padreiro (fabricación e distribución de novos materiais de construción, en concreto os que teñen relación coa estabilidade térmica e o bo illamento).

Co fin de reducir de xeito eficiente a concentración de gas radón no interior das edificacións, o consorcio ten previsto desenvolver un sistema de actuación baseado na eliminación do foco de entrada do gas (mediante barreiras) e no control do gas residual (a través dun sistema de ventilación activa intelixente e selectivo)

TECRA traballará integramente en Galicia durante 34 meses. O proxecto está financiado pola Axencia Galega de Innovación e polo Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais