Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
24/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A contaminación por partículas provocou a morte prematura de 26.830 persoas no Estado español nunha década

Saúde
O estudo, realizado pola Escola Nacional de Sanidade e publicado na revista especializada Environmental Pollution, está realizado tendo en conta os datos do período 2000-2009 suministrados polo Instituto Nacional de Estatística e Medio Ambiente. No traballo se indica que o 90% da mortalidade atribuíble ás partículas prodúcese por baixo dos niveis que a Organización Mundial da Saúde (OMS) considera seguros.

A OMS recomenda que non se superen os 50 microgramos de partículas por metro cúbico de aire de media en 24 horas. O estudo, que aporta datos de todas as provincias, indica por exemplo que Oviedo superou ese límite o 44% dos días, Córdoba o 40% e San Sebastián o 8%.

O traballo amosa que, por cada 10 microgramos extra, o risco relativo de morte prematura se incrementa un 0,9%. Non existe ningún límite por baixo do cal non se observen danos á saúde.Este estudo cifra en 2.683 as mortes anuais debido á contaminación de partículas, pero sen ter en conta contaminantes como o ozono, o dióxido de nitróxeno e o dióxido de xofre, tamén moi vinculados ás emisións dos coches, do mesmo xeito que as partículas. A investigación especifica que 651 desas mortes anuais prematuras están asociadas a enfermidades respiratorias e outras 556 a problemas cardiovasculares. O resto dos falecementos están relacionados co agravamento doutras patoloxías.O traballo foi realizado con datos do Estado español, tendo en conta posibles variables de confusión adaptadas a cada capital de provincia, como as diferentes pirámides de poboación e as ondas de frío ou de calor, en contraposición con estudos anteriores, que únicamente extrapolaban a partir de efectos observados noutros países.

Os datos preliminares elevan a unhas 9.200 mortes prematuras as que poden ser atribuíbles cada ano á contaminación a curto prazo, o que roldaría os  92.000 mortos nunha década: aos case 2.700 falecementos anuais debidos á contaminación por partículas, habería que sumar 6.000 vítimas máis polos efectos do dióxido de nitróxeno e unhas 500 polas concentracións de ozono. Esta cifra total multiplica por oito o número de falecidos en accidentes de tráfico en 2015, segundo destacan os autores.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais