Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
24/4/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Mapa de risco ergonómico de Galicia

ISSGA
Documento elaborado polo ISSGA que busca identificar a presenza de factores de risco asociados á carga física de traballo nas empresas: manipulación manual de cargas, posturas forzadas, movementos repetitivos, aplicación de forzas e mobilización de persoas, así como outros factores adicionais que poden influír na aparición ou incrementar o nivel de risco de sufrir unha lesión de tipo musculoesquelético; coñecer a poboación laboral que poida estar exposta a estes factores de risco; estimar o grao de control sobre o risco asociado á carga física que existe nas empresas galegas.

Os datos preséntanse agrupados por actividades económicas e incluíndo a perspectiva de xénero.

O traballo desenvolveuse en dúas fases para abarcar un maior número de empresas e sectores económicos. Con este fin, seleccionáronse empresas de cinco actividades económicas na primeira fase e de seis actividades na segunda.

Así, nunha primeira fase seleccionáronse 100 empresas das seguintes actividades económicas: asistencia en establecementos residenciais, servizos a edificios e actividades de xardinería, confección de pezas de vestir, fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques, comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas.

Na segunda fase, foron seleccionadas 98 empresas das seguintes actividades: industria da alimentación, fabricación de produtos metálicos, excepto maquinaria e equipo, recollida, tratamento e eliminación de residuos; valorización, transporte terrestre e por tubaxe, almacenamento e actividades anexas ao transporte, servizos de aloxamento.

Para a recompilación de datos foi empregado un cuestionario para coñecer a presenza e xestión do risco de carga física por parte das empresas. Finalmente, logo da recollida de datos recollidos nos cuestionarios, colaboraron 125 empresas dos once sectores económicos previstos: 76 na primeira fase e  49 na segunda.  Un significativo número de empresas non puido contribuír ao proxecto debido ás circunstancias de rápida modificación do tecido produtivo pola situación de forte reestruturación económica existente.

Ligazón ao Mapa de risco ergonómico de Galicia

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais