Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
24/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

En marcha a iniciativa "Alerta: accidente laboral", que pretende investigar e comunicar a empresas e cidadanía os factores que provocaron accidentes graves e mortais en Navarra, e evitar así a súa repetición.

Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra (ISPLN)
A medida, presentada pola directora xerente do ISPLN, María José Pérez Jarauta, e o xefe de servizo de Saúde Laboral, Iñaki Moreno, consistirá en comunicar á sociedade e as empresas as "causas básicas que explican calquera accidente grave ou mortal ocorrido en Navarra, para que se poidan corrixir situacións similares e evitar novos casos”.

A proposta pretende difundir unha serie de alertas e recomendacións baseadas na análise de accidentes laborais que podan acontecer na comunidade de Navarra, fundamentalmente os graves e mortais. O persoal técnico do servizo de saúde laboral investigará cada accidente e elaborará a alerta, trasladándoa a organizacións empresariais, empresas similares, organizacións sindicais, servizos de prevención, traballadores e cidadanía.

Asemade o Plan contempla intensificar as actuacións de prevención nos sectores de maior risco, como Industria e Construción, Forestal ou Seguridade Viaria, así como implementar medidas e actuacións como: criar unha unidade de prevención de accidentes laborais, levar a cabo unha campaña de choque con visitas de asesoramento e control, elaborar un novo rexistro de empresas cos seus servizos preventivos e xenerar un directorio de accidentes coas causas investigadas polas empresas.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais