Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
24/11/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Premio Lugares de Traballo 2017

EU-OSHA
No marco do Festival Internacional de Cinema Documental e de Animación de Leipzig (DOK Leipzig), ven de entregarse o Premio Cinematográfico «Traballos Saudables» de 2017. Este premio está apoiado pola EU-OSHA co fin de animar aos cineastas a realizar obras que traten sobre os riscos aos que se enfrontan os traballadores/as e os cambios que afectan os lugares de traballo hoxe en día. Nesta ocasión os premiados foron o documental Before the bridge de Lewis Wilcox (Estados Unidos) e a película Turtle shells de Tuna Kaptan (Alemania). O xurado tamén outorgou unha mención especial á película Alien de Morteza Atabaki (Turquía).
Acompaña ao texto unha imaxe de Before the bridge de Lewis Wilcox; este documental trata da maneira en que a automatización afectará o futuro da humanidade. O xurado fixo o comentario seguinte con relación á película: «Uns cambios tecnolóxicos e sociais en rápida evolución no mundo que nos afectan a todos e inciden na nosa visión do futuro do traballo».  Turtle shells de Tuna Kaptan explora as conexións entre o animal, o home e a guerra. O xurado pensou que a película representaba «un debate complexo e poético sobre a dramática confusión que reina no noso mundo contemporáneo: a guerra, a migración e a crueldade, todo o cal sintetiza o inesperado, incluída a nosa relación co mundo animal».

Máis información sobre as películas gañadoras do Premio Cinematográfico "Traballos saudables" edición 2017 e anteriores 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais