Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
24/11/2014
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Un proxecto europeo analiza as tarxetas profesionais non sector da construción

TPC
Crear un estándar mínimo común a todos os Estados membros, que acredite a formación e a experiencia dos traballadores do sector da construción. Esta foi a principal conclusión do Seminario celebrado en Bruxelas os pasados días 17 e 18 de novembro, sobre "as tarxetas sociais de acreditación na industria da construción", organizado pola Federación Europea dos Traballadores da Construción (Efbww) e a Federación Europea da Industria da Construción (FIEC), en colaboración coa Asociación Europea de Institucións Paritarias (AEIP), e financiado pola Comisión Europea.

O proxecto analizou as acreditacións existentes en Alemaña, Bélxica, Francia, Gran Bretaña, Italia, Dinamarca, Noruega e Suecia. Xunto á TPC española destaca a de CSCS de Gran Bretaña, que foi pioneira na materia, e que xa utilizan 1.800.000 traballadores.

A maioría dos presentes coincidiron en destacar que as acreditacións nacionais de cada Estado membro non poden ser "limitativas" e que xoguen en contra da mobilidade dos traballadores. De aí a idea de analizar e crear un estándar mínimo común a todos os Estados membros, que acredite a formación e a experiencia dos traballadores do sector da construción en Europa, máis alá das peculiaridades de cada país. Así mesmo, e en relación cos problemas transfronteirizos cos traballadores desprazados, lanzouse a idea de crear mecanismos para loitar contra a fraude do traballo non declarado.

 

Fonte: Fundación Laboral da Construción

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais