Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
24/1/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Absolución para un arquitecto e un constructor por un accidente laboral

Sentenza
O Xulgado do Penal número tres de Córdoba absolveu a un construtor e a un arquitecto acusados pola Fiscalía de ser os responsables dun delito de lesións por imprudencia. Os acusados enfrontábanse a unha pena de dous anos e dous meses de cárcere xunto co pago dunha importante multa, por non garantir as medidas preventivas necesarias para evitar un accidente laboral ocorrido nunha obra promovida polo Concello de Alcaracejos no ano 2009, na que un albanel que traballaba no tellado do silo do municipio precipitouse ao baleiro dende unha altura de seis metros.

Segundo o fallo xudicial, "os acusados cumpriron coas obrigas que como empresario e arquitecto teñen encomendadas para evitar que se produzan accidentes laborais, como dotar das medidas de seguridade necesarias para traballar en altura, tratándose de traballadores experimentados. Con todo non vixiaron axeitadamente que se cumprisen todas as medidas de seguridade conforme aos plans de prevención. Así non vixiaron que os traballadores realizasen os traballos utilizando a plataforma elevadora, que había na obra, o que sen dúbida tería evitado o accidente".  Por todo isto, o xuíz considera que non hai motivos suficientes como para condenar ao arquitecto e ao empresario, polo que dita a súa absolución.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais