Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Fukushima continúa a xerar grandes cantidades de residuos contaminados

Saúde
Logo de seis anos do accidente, a compañía TEPCO continúa bombeando auga sen parar a través dos reactores co fin de enfriar o combustible fundido que permanece aínda demasiado quente e radiactivo para ser eliminado; este proceso está a xerar en torno a 400 toneladas de auga contaminada cada día, o que suma máis de 962.000 toneladas almacenadas na planta.

Esto súmase aos 3.500 contedores cheos de lodos radiactivos e aos 65.000 metros cúbicos de material radiactivo á espera de ser incinerado procedente dos traxes protectores e outros equipos que cada día os 6.000 traballadores da limpeza tiran; á espera de incineración están tamén outros 80.000 metros cúbicos de ramas e troncos de árbores contaminados amoreados nun espazo preto da central.

Os escombros radiactivos resultado das explosións iniciais supoñen outros 200.000 metros cúbicos, que poderían encher uns 3.000 contedores. Hai amoreados preto da planta en torno a 13.230 litros de terra en bolsas de lixo e máis de 1.500 barras de combustible nuclear. Todo este material que está a espera de eliminación, poderá comezar a destruírse segundo as previsións da empresa  en 2021.

Por outra banda, os terreos da zona de exclusíón para os que o goberno está a estudar o levantamento da orde e evacuación, están tomados por centos de xabaríns radiactivos, que atoparon nas zonas evacuadas un espazo novo no que alimentarse. A día de hoxe, téñense cazado máis de 13.000 xabaríns cuios restos supoñen un problema para as comunidades locais, pois non teñen recursos suficientes para a súa eliminación.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais