Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/2/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Estudo sobre a sinistralidade en PEMES para identificar sectores e actividades prioritarias de actuación. Análise desagregado por sexo

INSHT
O presente estudo, realizado polo Departamento de Investigación e Información do INSHT co apoio da Dirección de Estatística do MEYSS, enmárcase dentro do obxectivo 2 da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, "Potenciar actuacións das Administracións Públicas en materia de análise, investigación, promoción, apoio, asesoramento técnico, vixilancia e control da prevención de riscos laborais". Dentro deste obxectivo, a liña de acción 2A.1 céntrase en "Informar e concienciar ás empresas e aos traballadores/as, con especial atención ás PEMES e microempresas, sobre a prevención de riscos laborais e a dispoñibilidade de ferramentas oficiais que facilitan a aplicación da normativa".

O informe, centrado en PEMES con cadros de persoal de 1 a 49 asalariados/as, desenvolve os seguintes apartados:

  • Distribución do número de empresas, por actividade económica e rango de persoal. Ano 2014.
  • Distribución do número de traballadores/as, por actividade económica e rango de persoal. Ano 2014.
  • Índices de incidencia de accidentes de traballo en xornada de traballo 2014, por actividade económica, rango de persoal e desagregado por sexo.
  • Actividades prioritarias en función da sinistralidade e poboación ocupada. Análise estratificado por sexo. Datos 2014.
  • Descrición dos accidentes de traballo en xornada de traballo ocorridos nas actividades prioritarias en 2014. Análise estratificado por rangos de persoal e sexo.

Ligazón ao Estudo sobre a sinistralidade en PEMES para identificar sectores e actividades prioritarias de actuación  Análise desagregado por sexo

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais