Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/12/2015
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 17

GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
Neste ano 2015 a Lei de Prevención de Riscos Laborais cumpre 20 anos. Aínda que ten contribuído á redución da sinistralidade laboral, o certo é que o sistema preventivo español non remata de responder ás expectativas xeradas, defraudando as necesidades de modificación e mellora dunha realidade preventiva no Estado español, deficitaria en termos de implantación e arraigo dunha auténtica cultura preventiva, lonxe dos estados máis avanzados do noso entorno. A pesares dos esforzos realizados, a LPRL semella unha unha declaración de boas intencións, que no seu posterior percorrido de desenvolvemento ten derivado, na práctica, nunha excesiva burocratización na aplicación da norma e nun cumprimento legal meramente formal por parte da maioría das empresas.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 17, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número conta co artigo de Análise-Opinión "20 anos da Lei de Prevención de Riscos Laborais, LPRL: pouco ou nada que celebrar".

Baixo o epígrafe Sabías que…?, atopamos o texto "Glifosato: o herbicida total”.

En Información, "Sinistralidade laboral: un monstro que non para de medrar" e,  para rematar, unha “Síntese de actividade 2015 do Gabinete Técnico de Saúde Laboral ”.

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais