Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/11/2015
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Unha recente sentenza acontecida no País Vasco condena á empresa Arcelor e recoñece os dereitos dunha falecida por lavar roupa de traballo con amianto

AMIANTO
A empresa guipuscoana Arcelor Mittal Bergara foi condeada baixo sentenza a indemnizar con 71.519 euros aos fillos dunha ama de casa que faleceu de mesotelioma, unha enfermidade directamente relacionada co amianto, tras pasar anos lavando a roupa de traballo do seu marido, cuxa actividade se desenvolvía en permanente contacto con este material.

Trátase da primeira sentenza deste tipo que se dá no País Vasco, podéndose polo tanto ser calificada de histórica, constituíndo un recoñecemento ao colectivo de mulleres que se contaminaron con este material de maneira indirecta a través dos seus familiares. En opinión de Jesús Uzkudun, representante da Asociación de Vítimas do Amianto de Euskadi Asviamie, esta sentenza abre unha vía para solucionar unha situación na que as vítimas tampouco tiñan dereito a obter indemnizacións da Seguridade Social por non ser cotizantes.

Segundo consta na sentenza da UPAD de Bergara, aparte de resaltar a falla, por parte da empresa, dun sistema de limpeza propio para que os traballadores non levasen aos seus domicilios a roupa impregnada de material tóxico, impútalle non ter realizado as medicións das concentracións de amianto correspondentes, non dispoñer dunha ventilación axeitada, non facilitar ao persoal proteccións respiratorias, nin ter procedido a unha limpeza correcta das instalacións.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais