Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/1/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A exposición prolongada ao estrés no traballo incrementa as posibilidades de contraer cancro

Saúde laboral
Segundo una investigación realizada en Canadá polo INRS e a Universidade de Montreal publicada na revista Preventive Medicine, existe una relación directa entre o estrés prolongado no traballo e a posibilidade de padecer determinados tipos de cancro en homes.

No estudo participaron homes que tiveron a lo menos catro empregos ao longo da súa vida profesional. Entre as conclusións pode observarse a relación entre o estrés laboral e cinco dos once tipos de cancro tidos en conta na investigación: cancro de pulmón, colon, recto, estómago e linfoma non hodgkiano. Estos tipos de cancro manifestáronse en homes que acumularon entre 15 e 30 anos de estrés no traballo, resultando os empregos máis estresantes bombeiro, enxeñeiro industrial e aeroespacial, capataz, mecánico de taller de automóvil e de equipos ferroviarios.

O estudo amosa que o estrés percibido non ten como orixes únicas ás esixencias profesionais e a presión de tempo,  tamén a atención ao cliente, as comisións de ventas, as reponsabilidades, o temperamento do traballador, a inseguridade no emprego, os problemas financieiros, as condicións nas que se desenvolve o traballo, conflictos interpersoais e os problemas de tráfico,  son causas de presencia de estrés nos traballadores participantes na enquisa.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais