Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
22/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Segundo a sentenza da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra: Sen corpos asbestósicos no pulmón non hai enfermidade por amianto

Sentenza
A Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra rexeita que unha fibrose pulmonar intersticial sexa unha enfermidade profesional, porque nos informes médicos do traballador non se describen "presenza de corpos de asbesto". Segundo os informes médicos achegados ao xuízo, a causa do falecemento dun empregado da factoría do Grupo Super Ser (despois BSH Electrodomésticos España S.A.) foi: Fibrose pulmonar intersticial difusa, bilateral avanzada de predominio en campos pulmonares inferiores. Os maxistrados da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra rexeitaron que, con ese diagnóstico, o paciente falecese dunha enfermidade profesional derivada da exposición ao amianto.

O falecido tiña traballado 45 anos como mecánico, desde 1963 a 1998 no Grupo Superser. En 1998, foille concedida unha incapacidade permanente total derivada dunha enfermidade común. Presentaba unha cervicoartrosis por discopatía crónica e espondilótica, síndrome do túnel carpiano e discopatía crónica lumbar. Un ano despois, foille diagnosticada unha afección pulmonar, que nada tiña que ver coa enfermidade que lle causou a incapacidade permanente, e que foi en progreso.

Cando o traballador se atopaba nunha fase avanzada de doenza pulmonar solicitou a declaración de incapacidade permanente en grao de gran invalidez derivada de enfermidade profesional por exposición ao amianto. A Seguridade Social negoulle esta solicitude e a cuestión chegou aos xulgados do Social. No proceso xudicial, o traballador falece e a viúva continuou co procedemento. Agora, o TSJ de Navarra ditou unha resolución na que confirma a sentenza de instancia e a negativa inicial da Seguridade Social.

A resolución do TSJ fundaméntase nos informes médicos que describen a evolución da patoloxía e nas funcións que desenvolvía o recorrente. Aínda que na fábrica onde traballou o falecido si se utilizou amianto, como consta na documentación presentada no xuízo, con todo, na súa condición de mecánico, "a maior parte do tempo traballaba fóra das instalacións da empresa". En concreto, a resolución recoñece que o recorrente tiña o seu posto a 300 metros da nave onde se constatou que existiu amianto.

Ademais, a ausencia "de corpos de asbesto e placas pleurales" na necrosis realizada ao traballador e tamén nos informes de seguimento da enfermidade resulta determinante para a desestimación xudicial.

A sentenza xustifica a súa resolución no seguinte parágrafo: "Nin a necropsia levada a cabo no seu día, nin o acta do grupo de seguimento da patoloxía de amianto para a revisión do caso do traballador [...] determinan relación causal algunha entre o traballo e a enfermidade padecida. De feito, a necropsia determinou a ausencia de corpos de asbesto e placas pleurales, máxime cando non existe acreditación algunha de exposición do traballador ao amianto".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais